Sitio web de Guido Álvarez Parga e do proxecto profesional Guido Guía
Información sobre servizos como guía turístico, publicacións en medios de comunicación, fotografías e máis

Servizos como guía
Paseos e visitas guiadas en Lugo e Galicia

LUGO CIDADE
Ademais das visitas tradicionais, no proxecto Guido Guía desenvolvemos dende o primeiro día unha iniciativa de paseos guiados “diferentes” pola cidade. Chámase #OLugoMenosCoñecido, desenvólvese por capítulos (Arte Urbana, Reserva da Biosfera, Enigmas Lucenses e moitos máis), contamos con colaboradores, e poden reservarse tamén de maneira personalizada.

PROVINCIA DE LUGO
No ano 2008 comecei a experimentar como guía acompañante en excursións pola provincia de Lugo. Dende que me acreditei como Guía Oficial no ano 2015, esta faceta miña medrou exponencialmente, e nestes anos guiei en todos os xeodestinos lucenses. Con colaboradores en distintas partes da provincia, esas experiencias en sinerxia dan un dinamismo moi especial a todas as actividades.

GALICIA
Como Guía Oficial de Turismo de Galicia estou acreditado para guiar nas 4 provincias galegas. Dende as miñas primeiras prácticas como guía no 2006, na Coruña, tiven a oportunidade de guiar nas 7 cidades da nosa xeografía, e tamén en moitos dos nosos xeodestinos. En varias ocasións fixen acompañamentos a grupos de peregrinos no Camiño de Santiago.
Últimos artigos publicados e aparicións en prensa
- O domingo 29 Guido Guía e Xaime Fernández organizan un paseo polo Lugo preromanoNova data de paseo guiado O domingo 29 de xaneiro faremos a segunda edición de #EnigmasLucenses, o capítulo XIV da serie #OLugoMenosCoñecido Farémolo nesta ocasión coa colaboración do amigo historiador e guía oficial Xaime Fernández! Inscricións no correo guidoguiaturismo@gmail.com
- O 14 de xaneiro Guido Guía organiza o paseo #OFerrolMenosCoñecido II con Secret GaliciaXa temos cartel para #OFerrolMenosCoñecido II, segundo paseo guiado polas terras irmás de Ferrol Desta vez será acompañado polo meu querido amigo Xulio Vázquez Deibe, guía oficial de Turismo de Galicia e promotor de Secret Galicia Se queredes inscribirvos escribideSeguir lendo “O 14 de xaneiro Guido Guía organiza o paseo #OFerrolMenosCoñecido II con Secret Galicia”
- Comezaron con éxito os 8 paseos guiados #OLugoMenosCoñecido do Nadal con Guido GuíaEsta tarde-noite comezamos o especial #FelicesFestas da serie de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido O primeiro deles foi #UnBarrioSenReloxo no que por vez primeira visitamos o novo Parque da Lembranza da Ronda do Carme Grazas ás 20 amigas e amigos de todoSeguir lendo “Comezaron con éxito os 8 paseos guiados #OLugoMenosCoñecido do Nadal con Guido Guía”
“Una persona con un carisma especial, excelente guía para todas las edades, hemos tenido la suerte de compartir alguna excursion con él y nunca nos ha defraudado. Siente una gran pasión con todo lo que hace y eso se nota. Muy recomendable“
Beatriz Ingerto
(Lugo)
“O Lugo Menos Coñecido é todo un descubrimento tanto para locais como foráneos, un percorrido por lugares máxicos e con moita historia contados con agarimo por alguén que sente paixón polo seu traballo. Ogallá veñan esta e moitas máis edicións!”
Mónica Folgueira
(Meira)
“Los paseos con Guido son una gran oportunidad para conocer las maravillas de Lugo, pasar tiempo al aire libre y conocer nuevas personas. Él tiene pasión por lo que hace y se preocupa de que todos disfruten sus recorridos. Recomiendo conocer la ciudad con sus actividades o aprovechar los paseos para pasar un buen momento”
Florencia Mascali
(Argentina)
“My husband and I were fortunate to have experienced a guided walking tour of the complete Roman walls of Lugo in English when on a holiday in Galicia from the UK. Guido’s enthusiasm for his city shone through and we had a memorable historic insight into this strategic and often less heralded but incredible feat of engineering built by the Romans. Guido makes sure his groups take a little bit of Lugo away in their hearts thereby encouraging others to do a similar guided tour in the future“
Sonja Davison
(England)
“Jeśli kiedyś znajdziesz się w Lugo, koniecznie idź na jeden ze spacerów organizowanych przez Guido! Są cudowne, wiodą przez piękne i ukryte miejsca, których nie spodziewałbyś się odkryć w tym mieście. Guido potrafi opowiadać ciekawie i z pasją, a na spacerach można poznać mnóstwo interesujących ludzi. Polecam 🙂 Guido, tus paseos son geniales! Es como dar un paseo con un amigo que sabe muchisimo sobre la ciudad! Muchisimas gracias!”
Anna Szlendak
(Polonia)
“ιδανική παρέα για εξερεύνηση της πραγματικής Γαλικίας, γνωρίζει τα πάντα κ αγαπά πραγματικά αυτό που κάνει.! 5/5”
Argiris Kourtidis
(Grecia)
Revisa máis opinións sobre nós e déixanos a túa en Tripadvisor, Google e Facebook! 🙂