Guido Guía organiza o paseo #ACoruñaMenosCoñecida II xunto ao proxecto Cascarilleiros

Os paseos guiados #OMenosCoñecido das cidades e vilas galegas organizados por Guido Guía continúan sen pausa dende o seu inicio o pasado 1 de outubro en Ferrol. Despois de tres anos desenvolvendo o proxecto #OLugoMenosCoñecido, a apertura a todas as provincias galegas está a ser un éxito -cun promedio de 40-50 persoas por actividade- que anima a non deterse.

O vindeiro sábado 18 de febreiro será a ocasión de regresar á Coruña para a segunda edición do paseo #ACoruñaMenosCoñecida, e para elo contaremos nesta ocasión coa colaboración dun proxecto senlleiro e amigo da cidade herculina: Cascarilleiros. O compañeiro Manu Sánchez Domato, un dos grandes referentes entre os guías galegos, nos acompañará neste novo percorrido polo menos coñecido da urbe coruñesa.

Se queredes inscribirvos a este paseo podedes facelo por 10 € por persoa, con opción de bonos (de 10 e de 5 paseos) e descontos por idade (30% para menores de 18 anos e gratuidade para menores de 4 anos). Fanse a través do correo electrónico guidoguiaturismo@gmail.com. É preciso darse présa, xa que quedan xa poucas prazas para esta edición. Sen embargo, boa noticia, xa está anunciada a terceira data da Coruña menos coñecida para os que non cheguen a esta: será o domingo 21 de maio.