Hai tempo que non me poño a escribir un texto longo, e hoxe apeteceume poñerme fronte ao teclado a escribir sobre un tema que tiña moi pendente: a miña experiencia guiando e organizando paseos en grupo durante os últimos 11 anos. Todo comezou como algo paralelo ao meu traballo en distintas axencias de viaxes eSeguir lendo “Os paseos en grupo como espazo de benestar, felicidade e saúde”
Arquivos de autor:guidoalvarezparga
Os 231 de Guntín, récord do proxecto Guido Guía e moitos recordos
Onte sábado 9 de novembro foi para min un día dos que non se esquecen nunca. Pronto, no 2025, cumprirei dez anos como guía oficial de turismo de Galicia e tamén dez anos dende que regresei a Lugo despois de once anos de aventuras fóra da miña cidade e tamén vivindo en varios países. NuncaSeguir lendo “Os 231 de Guntín, récord do proxecto Guido Guía e moitos recordos”
Case 150 persoas desfrutaron en Rábade coa VI xornada viaxeira do Xeodestino
Outro día memorable, 146 participantes de moi diversas procedencias en Rábade, na VI xornada viaxeira “Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía”. De toda Galicia e tamén de fóra achegáronse persoas animadas a descubrir o patrimonio histórico e cultural deste sexto concello participante do programa organizado polo GDR-4 eSeguir lendo “Case 150 persoas desfrutaron en Rábade coa VI xornada viaxeira do Xeodestino”
Este sábado máis dun cento de persoas de todo o mundo descubrirán Castroverde
Xa quedan pouco máis de dúas semanas para irnos a Castroverde na cuarta xornada viaxeira “Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con@guido_guia”. Paseo guiado 👣 degustación de produtos locais 🍢 e música tradicional 🎶 completarán esta actividade gratuíta para a que é precisa inscrición no correo ✉️ info@comarcadelugo.gal ou no teléfonoSeguir lendo “Este sábado máis dun cento de persoas de todo o mundo descubrirán Castroverde”
O domingo 22 volven os paseos guiados polo Lugo menos coñecido con Guido Guía
Chegou o outono e retomamos a serie de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido O vindeiro domingo 22 faremos a oitava edición do capítulo #OAnelVerde comezando na Ponte Romana de Lugo ás 16h00. Contamos contigo? Inscricións no correo guidoguiaturismo@gmail.com
72 persoas descubriron Antas de Ulla co GDR, Concello e Guido Guía
Día máxico en Antas de Ulla Terceira xornada viaxeira do proxecto “Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía” na que contamos con 72 participantes Grazas a todas as persoas que nos acompañaron dende Arxentina Países Baixos Barcelona, Donostia, Madrid, Oviedo, A Coruña, Oleiros, Ferrol, Vimianzo, Ribadeo, Foz Becerreá, SobradoSeguir lendo “72 persoas descubriron Antas de Ulla co GDR, Concello e Guido Guía”
Antas será o destino da III xornada do GDR-4 e Guido Guía o 14 de outubro
Despois do gran éxito da apertura en Friol (135 participantes) e da boa acollida da segunda experiencia en Guntín (máis de trinta inscritos a falta dun mes) que terá lugar o 9 de setembro, o pasado mércores en Antas tivo lugar a presentación da terceira xornada viaxeira “Descubrindo a Comarca de Lugo e as TerrasSeguir lendo “Antas será o destino da III xornada do GDR-4 e Guido Guía o 14 de outubro”
Este domingo volve #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía cun paseo polos barrios do Mera
Este domingo volven os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido e será coa II edición do capítulo #OsBarriosDoMera O punto de inicio e fin do paseo será a Ponte Romana, o prezo coma sempre de 10 € por persoa, bonos e descontos por idade dispoñibles e a consultar Inscricións guidoguiaturismo@gmail.com
Os guías Ana, Boris e Guido anuncian paseos en Foz e Xove o 10 e 11 de xuño
O 10 e o 11 de xuño Ana Pena (Guía tu día), Boris Vilar e Guido Guía organizan dous paseos guiados, en Foz e Xove, que serán un convite perfecto para desfrutar da penúltima fin de semana da primavera por terras mariñás. Despois das súas primeiras colaboracións xuntos #RedescubrindoViveiro e #RedescubrindoAlfoz en abril e maio,Seguir lendo “Os guías Ana, Boris e Guido anuncian paseos en Foz e Xove o 10 e 11 de xuño”
O I ciclo de paseos guiados #OMiñoQueNosUne remata esta fin de semana en Tui e A Guarda
Dous meses despois de comezar en Lugo e Portomarín, un mes despois das paradas en Ourense e Ribadavia, esta fin de semana rematará o primeiro ciclo de paseos guiados #OMiñoQueNosUne organizado por Buguina Turismo, Guíame Galicia e Guido Guía. Unha viaxe colectiva por cidades e vilas históricas da man de Hugo Lage, Fabio Forino eSeguir lendo “O I ciclo de paseos guiados #OMiñoQueNosUne remata esta fin de semana en Tui e A Guarda”
Cuarto #RedescubrindoAlfoz con Guido Guía e Ana Pena, nova guía oficial alfocega
Vendo como voan as inscricións dos vindeiros paseos guiados, e tendo unha noticia tan boa como o inicio do proxecto como autónoma da guía alfocega Ana Pena, lanzamos nova actividade para o mes de maio: #RedescubrindoAlfoz IV “Alma viaxeira, soñadora e amante da terriña. Con este novo proxecto quero transmitir a paixón pola comarca ondeSeguir lendo “Cuarto #RedescubrindoAlfoz con Guido Guía e Ana Pena, nova guía oficial alfocega”
O 15 de abril volve #OVigoMenosCoñecido, paseo con Borja Concheiro e Guido Guía
Despois do éxito do pasado outono, o vindeiro sábado 15 de abril volve #OVigoMenosCoñecido coa súa segunda edición. Borja Concheiro e Guido Guía volverán a guiar un percorrido polas partes menos coñecidas da cidade de Vigo dando así a coñecer patrimonios ocultos ou pouco visitados tanto polos turistas como polos propios vigueses. Para inscribirse bastaSeguir lendo “O 15 de abril volve #OVigoMenosCoñecido, paseo con Borja Concheiro e Guido Guía”
Cora Velasco e Guido Guía organizan un novo paseo guiado en Pontevedra o 14 de abril
As colaboracións seguen vento en popa: coa querida guía e amiga pontevedresa Cora Velasco lanzamos o que será o noso segundo paseo guiado xuntos. Animámosvos a non perdervos “Galegas que fixeron historia” o 14 de abril en Pontevedra. O prezo será de 10 € por persoa, 7 € para menores de 18 anos e gratisSeguir lendo “Cora Velasco e Guido Guía organizan un novo paseo guiado en Pontevedra o 14 de abril”
O 2 de abril Guido Guía organiza o paseo #RedescubrindoViveiro con Boris Vilar
O vindeiro domingo 2 de abril o proxecto Guido Guía viaxa a Viveiro para un novo paseo guiado, nesta ocasión co colaborador e guía oficial de turismo viveirense Boris Vilar. #RedescubrindoViveiro comezará ás 11h00 na Praza Maior de Viveiro, durará 3 horas, e será dunha dificultade media-baixa. Para inscribirse basta con enviar un correo electrónicoSeguir lendo “O 2 de abril Guido Guía organiza o paseo #RedescubrindoViveiro con Boris Vilar”
Os paseos “O Miño que nos une” viaxan a Ourense e Ribadavia cos guías Fabio, Hugo e Guido
A vindeira fin de semana o ciclo de paseos guiados “O Miño que nos une” viaxará a Ourense e Ribadavia cos guías Fabio Forino (Guíame Galicia), Hugo Lage (Buguina Turismo) e Guido Álvarez (Guido Guía). Despois do éxito dos dous primeiros paseos en Lugo e Portomarín no mes de febreiro, estes tres profesionais do turismoSeguir lendo “Os paseos “O Miño que nos une” viaxan a Ourense e Ribadavia cos guías Fabio, Hugo e Guido”
Este sábado Guido Guía organiza un novo paseo polo Lugo menos coñecido con xa máis de 40 inscritos
Este sábado 18 de marzo comezaremos a dicirlle adeus ao inverno e tímidamente (pois comeza o día 20) iremos saudando á primavera Contamos contigo para este paseo #OLugoMenosCoñecido? Inscricións no correo guidoguiaturismo@gmail.com, o prezo é de 10 € por persoa con variadas opcións de bonos e descontos por idade
Este domingo Patrimonea e Guido Guía organizan o II paseo #DescubrindoTouro ao carón do Ulla
O domingo 19 de marzo Patrimonea e Guido Guía organizan un roteiro na localidade de Touro co obxectivo de dar a coñecer un dos bosques de ribeira mellor conservados de Galicia xunto a un extenso patrimonio material e inmaterial. O itinerario será duns 11 quilómetros de dificultade baixa-media e será diferente ao anterior que foiSeguir lendo “Este domingo Patrimonea e Guido Guía organizan o II paseo #DescubrindoTouro ao carón do Ulla”
Guido Guía organiza o paseo #VilalbaFotográfica con Cristian Leyva, Sergio Ferreyra e David Corredoira
Este sábado 11 de marzo Guido Guía organiza o primeiro paseo guiado #VilalbaFotográfica coa colaboración dos fotógrafos profesionais Cristian Leyva (México) e Sergio Ferreyra (Arxentina) e do veciño vilalbés e fotógrafo afeccionado David Corredoira Taboada. O percorrido comezará ás 11h00 na Torre dos Andrade e terá unha duración de 3 horas. Será de dificultade media-baixa eSeguir lendo “Guido Guía organiza o paseo #VilalbaFotográfica con Cristian Leyva, Sergio Ferreyra e David Corredoira”
Hugo Lage, Fabio Forino e Guido Guía unirán 6 localidades do Miño
Lugo, Portomarín, Ourense, Ribadavia, Tui e A Guarda serán as 6 localidades que Buguina Turismo, Guíame Galicia e Guido Guía unirán no seu ciclo de paseos guiados #OMiñoQueNosUne. Estes tres guías oficiais comezaron a colaborar o pasado outono e agora nos convidan a descubrir xuntos estas cidades e vilas miñotas. O vindeiro sábado 25 deSeguir lendo “Hugo Lage, Fabio Forino e Guido Guía unirán 6 localidades do Miño”
Guías Bierzo e Guido Guía únense para estreitar lazos entre Lugo e Ponferrada
Hoxe é un día moi especial, hoxe comeza un proxecto de colaboración entre Guías Bierzo e Guido Guía para tecer pontes entre Lugo e Ponferrada Noelia e Alba viñeron xantar ao lucense barrio da Ponte e esta mesma tarde anunciamos a nosa primeira colaboración! O paseo guiado #PonferradaOculta será o domingo 23 de abril deSeguir lendo “Guías Bierzo e Guido Guía únense para estreitar lazos entre Lugo e Ponferrada”
