http://lv.galiciae.com/pdf_files/27062011compendio_4.pdf
Guido Álvarez Parga naceu en Lugo en 1985, aínda que ten raíces en Arxentina, onde naceu seu pai. É diplomado en Turismo e tamén fixo un máster. Desde hai 2 anos traballa no Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (Cetur) da USC. Antes foi guía turístico na Coruña, informador na oficina da Xunta en Lugo, guía de museo en Londres, erasmus en Italia e mesmo fundou un club de baloncesto cos amigos.
P ¿Un sinónimo de Galicia?
R Fogar.
P ¿Que quería ser de pequeno?
R Baloncestista e xornalista.
P ¿Un lema a seguir na vida?
R Trata os demais como che gustaría que te tratasen a ti.
P ¿Un libro?
R Moitos de Galeano ou Punset. Tamén de Diego Ameixeiras.
P ¿E unha canción?
R Algunha de Calamaro para cantar cos amigos na Fontana.
P ¿Un lugar?
R As costas do Parque en Lugo.
P ¿Un personaxe galego?
R Os meus pais: un galego nado en Bos Aires e unha luguesa.
P ¿Que é o Cetur?
R Un centro de investigación da USC onde se estuda o turismo –especialmente o galego– como fenómeno social e económico.
P ¿Como se pode mellorar o sector turístico en Galicia?
R Transporte público… ¿canto se tarda, sen coche, desde Lavacolla ata Os Ancares? Eu son fan dos trens, pero brillan pola súa ausencia, sobre todo no interior.