O pasado xoves fixen unha nova visita guiada, nesta ocasión cos amigos da Federación Cogami.

Comezamos o noso percorrido no Parque Rosalía e baixando as súas costas… desfrutando das boas vistas do río Miño, da Ponte Romana, e de todo o entorno oeste da cidade.

Posteriormente, a través do Regueiro das Hortas (Vía Romana XIX, Camiño Primitivo a Santiago) subimos ó centro histórico.

Unha boa tarde en moi boa compañía!