Comentarios sobre o Camiño Primitivo nunha reportaxe do diario El Progreso

Como promotor turístico, guía, e romántico galego que son, tendo a compartir máis cousas positivas que negativas… pero a crítica é sempre necesaria para mellorar.

Hoxe unha reportaxe de Carmen Uz no diario El Progreso recolle algunhas impresións miñas, ou dos turistas/peregrinos ós que guío, sobre o Camiño Primitivo. En especial, sobre o desvío que a Axencia Galega de Turismo fixo hai uns anos no barrio do Carme: da ruta orixinal polo Regueiro das Hortas (enclave de inmensa riqueza natural e histórica, a rúa máis fermosa de Lugo, Camiño Primitivo, Vía Romana XIX, berce de San Froilán…) á rúa do Carme… moito menos atractiva, moito menos auténtica, e que por riba obriga ós peregrinos a cruzar a transitada Ronda do Carme.

O Regueiro das Hortas segue aí e agardo que a Axencia Galega de Turismo rectifique, lle faga caso ó Foro do Camiño, e se recupere canto antes un dos lugares máis fermosos da nosa xeografía. Faremos forza para salvar ó Regueiro das Hortas!

A %d blogueros les gusta esto: