Xa comentamos algunha vez que #OLugoMenosCoñecido é en certo modo un laboratorio de experimentos turísticos e culturais do que irán saíndo proxectos a consolidar. Aquí vai un deles: #LugoCreativo emancípase este mes de decembro cunha serie de visitas artísticas que agardamos vos fascinen tanto como as que xa vivimos. Gústache a idea? Atento á páxina de facebook Guido Guía e non perdas de vista que é unha oportunidade de atopar agasallos singulares para ti mesmo ou para os teus. Un xeito de potenciar a creatividade lucense e tamén de enriquecer o teu mundo persoal ❤️