Guido Guía na TVG: o incremento dos visitantes na cidade e na provincia de Lugo

Onte fun entrevistado pola Televisión de Galicia para o Telexornal Serán. O motivo, as estatísticas que evidencian o incremento do nº de visitantes na cidade e na provincia de Lugo. Comparto o pequeno fragmento e tamén o texto redactado pola TVG na súa web! 🙂 Moi agradecido!

O xeodestino galego cunha mellor evolución en 2019 foi o dos Ancares e o Courel, onde a demanda se incrementou en máis dunha cuarta parte. Outros dous xeodestinos lucenses, a Mariña e mais Lugo e a Terra Cha, figuran entre as seis zonas de Galicia onde máis aumentou o turismo.

Guido Álvarez, guía turístico:  “Lugo é un destino que garda aínda a autenticidade que moitos destinos e cidades perderon. Cando o turista chega aquí, non bate cun parque temático, como sucede en moitos outros lugares. Aquí atopa unha cidade auténtica cunha riqueza histórica impresionante”.

Ademais, Lugo é a provincia galega onde máis se incrementou o número de turistas. Subiu un 13 por cento, con case 800.000 viaxeiros. Coma no conxunto de Galicia, tamén aumentou o turismo nacional e internacional.

Guido Álvarez, guía turístico: “Un grande aumento no número de turistas, nos internacionais e tamén nos galegos, que tamén se están fixando en Lugo. É dicir, temos tamén turismo interno”.

Lugo lidera tamén, dentro de Galicia, o aumento de turistas que fan noite, cun incremento anual de máis do 12 por cento.

A %d blogueros les gusta esto: