O 22 de febreiro #OLugoMenosCoñecido adicaralle o seu capítulo XVIII ós amigos alados

 

En Lugo temos a gran fortuna de vivir na única capital ibérica que se atopa dentro dunha Reserva da Biosfera 🍃💧 e consecuentemente a gran sorte de vivir en compañía de grandes amigos. Uns deles son os amigos alados, ós que o sábado 22 de febreiro queremos facerlles dende #OLugoMenosCoñecido unha bonita homenaxe 🐦🦅❤ en compañía do noso querido Pedro Rolle (O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza) 🙂

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6 € por persoa (IVE incluído), gratuíto para menores de 14 anos, e a metade de prezo para estudantes acreditados menores de 35 anos. Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos… grazas coma sempre á Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego polo seu apoio! #OLugoAlado

 

A %d blogueros les gusta esto: