A previsión non fallou e onte foi o día máis fermoso da miña vida como profesional. Preto de 100 persoas 🚶♀️🚶♂️ de máis de 30 nacionalidades 🌏 e 4 continentes (África, América, Asia e Europa) desfrutamos coma nenos entre o paseo guiado #OLugoMenosCoñecido, a foliada 🥁, os petiscos 🥙 e a fermosa festa 🎉 organizada cos marabillosos amigos da Asemblea de Humanidades Lugo. Formidable e inesquecible apoio do Campus Terra USC 🍃, Universidade de Santiago de Compostela 📖, Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo 📚, La Q-Ponera de Quique 🎥 (preciosa reportaxe que agardamos!), Cristopher Chaldú 👨🍳🇦🇷 (excepcional chef dos petiscos) 🥟🍢, A.c. Cultura Do País 🌀 (cedendo o seu local para a festa post-paseo), Bodegón A Fouce 🍲 (abrindo excepcionalmente a domingo para apoiar o evento), Foliada de Bosende 🎶, Nico de Trives 🎶 e Xandro de Baio 🎶 (liderando entre estas tres patas a foliada), colaboradores varios do proxecto Guido Guía, e tantas boas persoas que máis que participantes dunha actividade foron parte dunha familia. Unha familia que levamos construíndo durante anos e que seguiremos construíndo… LUGO CALIDADE!!! 💙💙💙 Paseo de encontro entre a sociedade lucense e a c. universitaria ❤️