Actualidade Guido Guía

Estiven todos estes días agardando o máximo posible antes de comunicar nas redes algo sobre a situación excepcional que estamos a vivir. Mantereime na liña de comunicar o mínimo posible, o imprescindible, xa que creo que en situacións deste tipo debemos guiarnos polas opinións expertas e non contribuir á confusión e ó barullo.

A través das distintas entidades (asociacións, axencias, institucións e grupos de particulares) xa estades ó tanto da cancelación ou aprazamento de moitos paseos, charlas, actividades e visitas guiadas que tiñamos previstas para este mes de marzo e incluso varias do mes de abril.

En relación ós paseos directamente organizados por min (principalmente o proxecto #OLugoMenosCoñecido) irei tomando decisións un por un e non doutro xeito, xa que creo que é o modo máis axeitado de xestionar unha situación así nunha actividade profesional como a miña.

De momento aprazamos o paseo deste domingo #OLugoDosSentidos a unha data que será comunicada o antes posible. As persoas inscritas que efectuaron o pago xa están avisadas do sistema para efectuar a devolución ou ben para conservar a reserva para cando se recupere o paseo (ou o crédito para outros paseos que se organicen).

Sen perder a ocasión para enviarlle todo o cariño do mundo ás persoas máis afectadas por esta situación, e animando a todos a sacar a mellor enerxía do noso interior. Grazas

Emocionado por tantas mensaxes, opinións, reseñas e comentarios nesta estrea de Guido Guía. Nos vindeiros días contestarei a todo! Emocionado por tantos mensajes, opiniones, reseñas y comentarios en este estreno de

A %d blogueros les gusta esto: