O proxecto #RedescubrindoLugo na Televisión de Galicia

Onte a Televisión de Galicia 📺 e G24noticias viñeron ata o meu barrio do Carme para entrevistarme polo proxecto #RedescubrindoLugo, co que viaxaremos pola provincia de Lugo todo este 2020. Infinitamente agradecido á nosa tele por valorar sempre o meu traballo, e especialmente dende que son autónomo! Un empuxe que agradezo de corazón 💙

Grazas ós meus colaboradores neste proxecto: O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza, Sogos Consulting (Pepe Pérez Vázquez), Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego (Carlos Henrique Fernández Coto), Hugo Fernández Balseiro, Concepto Circo (Yoe 33 e Marcos Pereira), Centro Dinamizador de Negueira de Muñiz, Piornedo ANDADiego AS, Andrés Bourio, O Zoqueiro Peregrino (Alberto Geada), Claudia del Pino e Asociación Fonte do Milagro (Evaristo Méndez Vila)

“Ansiamos xa saír á rúa, poder movernos libremente e viaxar, e pensando xa nesas rutas xorden iniciativas como a de #RedescubrindoLugo. É o proxecto de Guido Álvarez, un guía de turismo que está a organizar xornadas viaxeiras por toda a provincia de Lugo.

Perderse pola Ribeira Sacra, coñecer os encantos da Mariña lucense ou achegarse ata as montañas dos Ancares e O Courel son algúns dos destinos xa programados e para os que só falta unha data concreta, previsiblemente entre os meses de xuño e setembro.

Agora o teléfono non para de soar, xa se poden reservar bonos con prezos reducidos e tamén aparecen novos colaboradores e mesmo peticións de destinos para un proxecto que non para de medrar”

 

A %d blogueros les gusta esto: