
Reseña publicada no diario La Voz de Galicia o 17 de xuño do 2020
Guido Guía e O Freixo dos Lobos fan sinerxías para continuar coa programación de Redescubrindo Lugo que tivo que quedar en suspenso polo covid. Agora retómase con outro percorrido para coñecer, paso a paso, a historia e a natureza de Alfoz, sen dúbida a mellor combinación senderista que pode haber e neste caso cun profundo coñecemento da flora e a fauna por parte de Pedro Rolle, do Freixo dos Lobos, que anuncia de paso unha seguinte actividade ao aire libre, iso si, con mascarilla, ao tamén máxico Xistral. Na próxima ruta alfocense, o día 28 deste mes, poden anotarse por correo electrónico, en: guidoguiaturismo@gmail.com