Guido Guía lanza para o domingo 19 de xullo o IV paseo guiado pola #ArteUrbana lucense

Catro meses despois do último paseo guiado adicado á #ArteUrbana 🎨 #ArteLucense, regresamos neste mes de xullo coa IV edición dun dos capítulos preferidos por todos na serie #OLugoMenosCoñecido✨ Será o vindeiro domingo 19 de xullo, descubriremos moitas novas obras, e terá unha duración de 4 horas! 💛

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6 € por persoa (IVE incluído). Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos… grazas coma sempre á Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego polo seu apoio!