Quedan aínda dous meses, pero un capítulo tan especial merece a pena anuncialo con tempo. O luns 5 de outubro do 2020 dende o proxecto de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido celebraremos o 145º aniversario da chegada do tren 🚂 a Lugo (o mesmo día, no 1875) co primeiro capítulo en colaboración coa querida Helena González, de Bisagras de Papel, un impresionante proxecto lucense de investigación xenealóxica. Non volo perdades!!
Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6 € por persoa (IVE incluído). Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos… grazas coma sempre á Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego polo seu apoio!
(Neste paseo aplicaranse as medidas e consellos do “Manual para os guías de turismo ante a Covid-19”
