Aproveitamos un día no que este home ten tempo 😎 anotade ben: mércores 2 de setembro ás 19h00… histórico! Primeiro paseo guiado #LugoFotográfico coa persoa que leva varios anos revolucionando a cultura lucense: Marcos Loopez, nada menos que o creador de VivaLugo! A plataforma e medio que cambiou todo nesta cidade. Emoción ❤️
Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6 € por persoa (IVE incluído). Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos… grazas coma sempre á Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego polo seu apoio! #OLugoMenosCoñecido
(Neste paseo aplicaranse as medidas e consellos do “Manual para os guías de turismo ante a Covid-19”)
