
Un dos días máis importantes da miña vida, na miña última xornada con 34 anos de idade 🙂 Hoxe anunciamos colaboración do proxecto Guido Guía coa Uned Lugo ❤️… a universidade do estado con máis alumnos! Impartirei varios cursos ó aire libre para a UNED Senior, colaborarei no proxecto NaturalMente… e varios asuntos máis durante o curso académico 2020/2021 ✨ Non podo estar máis ilusionado! Grazas por esta oportunidade, especialmente a Ana Belén Traseira e Carlos García!
A #UNEDLUGO SUMA A GUIDO GUÍA Á SÚA CARREIRA POLA SOSTIBILIDADE
O compromiso da institución educativa provincial co desenvolvemento sostible da un paso máis coa suma do guía e dinamizador cultural lucense Guido Álvarez ao seu proxecto “Naturalmente”.
O cambio de filosofía de traballo do centro universitario comezou o pasado ano coa formación do persoal e os seus estudantes, avanzou coa implantación dun novo sistema de xestión de recursos que contribuíu á redución da pegada ecolóxica, a posta en valor do patrimonio ambiental con actividades abertas á cidadanía lucense de moda sostible, biodiversidade, conservación mariña e fluvial, econoloxía, cambio climático, difusión da Axenda2030 dende o programa en redes #PlanetaODS,
A UNED de Lugo ten un plan inclusivo , un compromiso decidido coa sostibilidade e seguirá avanzando nos seus obxectivos de sensibilización ambiental e posta en valor do patrimonio natural e a loita fronte ao cambio climático aliñado coa #Axenda2030.
Dentro da colaboración co proxecto #GuidoGuía vaise a poñer en marcha unha nova actividade para a UNED Senior lucense que se presentará este mesmo mes.
Guido Álvarez, ligado á universidade como alumno, como estudante de intercambio internacional, como investigador, como titor de prácticas, como doutorando e nestes últimos anos como organizador de actividades de integración para toda a comunidade estudantil en Lugo valora o inicio deste vínculo cunha das institucións máis prestixiosas e populares da formación universitaria en todo o país.
“Máis aínda por ser unha institución tan importante e valiosa para a cidade e para a provincia de Lugo. Creo que este proxecto terá moito percorrido, así como os cursos para a UNED Senior comezando polo “Viaxar na nosa cidade” sobre todo nun contexto como o actual, no que a formación a distancia e tamén a formación ó aire libre toman tanto sentido”.
A universidade que fai provincia!
#Lugo #Naturalmente 🌲