Hoxe o Concello de Lugo anunciou as actividades do Arde Lucus Cultural, que se desenvolverá dende este sábado ata decembro. Unha delas: “Paseos con Paulo Fabio Máximo e Güidox” 🙂 Ilusionadísimo, e agardando que os desfrutedes. Grazas ó querido Carlos Núñez Le Vieux por poñerme o meu apodo de época!

Nesta edición contaremos cos paseos por Lugo con Paulo Fabio Máximo e Güidox que guiarán distintos percorridos pola cidade, en concreto pola Muralla, polas Termas Romanas, polo acueducto e polos xacementos arqueolóxicos. Trátase pois, de continuar traballando, por dar a coñecer a historia de Lugo.
Sábado, 26 de setembro
- Percorrido pola Muralla
- Praza de Armañá
- 17:00 horas
- 10 persoas*
- Inscrición en xuventude@lugo.gal
Sábado, 10 de outubro
- Percorrido pola Ponte Romana e Termas Romanas
- Praza de Armañá
- 17:00 horas
- Inscrición en xuventude@lugo.gal
Sábado, 17 de outubro
- Percorrido polo pasado romano do barrio do Carme
- Praza de Armañá
- 17:00 horas
- Inscrición en xuventude@lugo.gal
Sábado, 7 de novembro
- Percorrido polas ventás arqueolóxicas e Domus do Mitreo
- Praza de Armañá
- 17:00 horas
- Inscrición en xuventude@lugo.gal