O paseo guiado máis especial da miña vida: melloras e humanización do barrio do Carme

Mañá martes guiarei o paseo máis especial da miña vida. Unha andaina na que se inaugurarán as históricas melloras do meu barrio, o barrio do meu corazón. Toda unha vida defendendo -seguindo os pasos do meu pai Manuel Alvarez Prieto– o valor histórico e natural do Carme, seis anos ensinándoo como guía oficial de Turismo de Galicia…

Vai ser moi especial compartir este momento con todos vós, con todas as persoas que desexedes unirvos a un acontecemento tan especial como que viviremos mañá. Só podo darlle as grazas a Lara Méndez López por ter sido a primeira gobernanta da historia que apostou por poñer en valor a auténtica xoia que é o #BarrioDoCarme, e por ter contado conmigo profesionalmente, como será no caso de mañá, dende o día que nos coñecimos.

Estou tremendamente emocionado por ver estes días como os soños que expresaba cando volvín a Lugo hai 6 anos (https://bit.ly/3lGF9TY) non só están preto de cumprirse, senón que en moitos sentidos foron superados de maneiras que eu nin era capaz de imaxinar.

Iluminación respectuosa e adecentamento das vías históricas, paneis informativos, sinalización, varandas, paso de peóns intelixente, carril-bici e moitas outras cousas que descubriremos mañá. Grazas outra vez, e non faltades mañá!! #UnBarrioSenReloxo💚

A %d blogueros les gusta esto: