Esta fin de semana os paseos de Guido Guía viaxan a Tui e Compostela

Os vindeiros 12 e 13 de novembro o proxecto #OMenosCoñecido de Guido Guía polas cidades galegas viaxa a Tui e Compostela. Como sempre serán dous paseos guiados de 3 horas de duración e nos que se compartirán detalles e curiosidades de lugares non habituais nos itinerarios turísticos clásicos.

O sábado será en colaboración co guía oficial de turismo Hugo Lage, do proxecto Buguina Turismo, asentado en Tui, e o domingo será só Guido quen guíe.

Se queredes inscribirvos podedes facelo no correo electrónico guidoguiaturismo@gmail.com

A %d blogueros les gusta esto: