Cuarto #RedescubrindoAlfoz con Guido Guía e Ana Pena, nova guía oficial alfocega

Vendo como voan as inscricións dos vindeiros paseos guiados, e tendo unha noticia tan boa como o inicio do proxecto como autónoma da guía alfocega Ana Pena, lanzamos nova actividade para o mes de maio: #RedescubrindoAlfoz IV 😍

“Alma viaxeira, soñadora e amante da terriña. Con este novo proxecto quero transmitir a paixón pola comarca onde nacín, me criei e na que vivo. Anímaste a coñecela comigo?” é a mensaxe que Ana nos envía dende Alfoz ❤️

Se queres inscribirte escríbenos a guidoguiaturismo@gmail.com, o custo da actividade é de 10 € por persoa, 7 € para menores de 18 anos e gratis os menores de 4

A %d blogueros les gusta esto: