Os deuses, a favor de Ortigueira

En Galicia Confidencial e GC Tendencias

Cada ano hai máis festivais no calendario, a crise económica castiga á cultura, os pronósticos meteorolóxicos cando se achega o Mundo Celta nunca invitan a ter confianza plena no que vai pasar… pero Ortigueira segue imbatible.

Escenario principal Estrella Galicia
Escenario principal Estrella Galicia

Dous galegos top como Cristina Pato e Xose Manuel Budiño exerceron o seu liderado nas horas puntas de venres e sábado, e os convidados coa misión máis esixente (a de animar a atmósfera da madrugada) estiveron a un gran nivel: Sharon Shannon e Xabi Aburruzaga o venres e o Finnegan McSherry Project o sábado. The Vale of Atholl Pipe Band, Jacky Molard Quartet, Oreka TX e Kalakan, Bagad Beuzeg, Cantareiras Lilaina, Troula de Ortegal, diversas bandas de gaitas e pasacalles completaron un cartel con sabor tradicional.

Nesta 31ª edición as condicións meteorolóxicas foron inmellorables, sobre todo para os campistas. Un sempre sae rumbo a Ortigueira desexando que haxa unha boa temperatura para bañarse, unha temperatura nocturna agradable para os concertos, e que pola mañá a calor non aprete demasiado para durmir nas tendas. Este ano a sorte estivo máis de cara que nunca.

A %d blogueros les gusta esto: