Hoxe é o gran día para #OLugoMenosCoñecido, pero aínda con todo sempre hai tempo para anunciar máis proxectos xeniais que se van concretando estes días. É hora de anunciar esta marabillosa colaboración con Unha de Romanos ❤️ Dende hoxe en adiante se queredes facer inmersións históricas por Lugo (ou fóra de Lugo tamén!) con elas e con Guido Guía soSeguir lendo “Unha de Romanos e Guido Guía anuncian colaboración para experiencias de inmersión histórica”
Arquivos de etiqueta:guido alvarez parga
4 entrevistas mundiais, preciosa reportaxe sobre #OLugoMenosCoñecido e Guido Guía
O pasado día 9, no capítulo XVII dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido, os queridos Hugo Fernández Balseiro e Iago Viana foron colaboradores da iniciativa nese exitoso (repetiremos pronto) #LugoFotográfico. Ademáis diso, fixeron unha reportaxe sobre o proxecto en xeral.. non teño palabras para agradecerlles estas entrevistas e estes recordos! Nitesh Seethala 🇮🇳 Saskia 🇧🇪 Ana Maria Bereciartua 🇦🇷 e Uxía 💙 Grazas de corazón a todos! E nos vemosSeguir lendo “4 entrevistas mundiais, preciosa reportaxe sobre #OLugoMenosCoñecido e Guido Guía”
O basket de rúa e o amateurismo serán homenaxeados con arte urbana na Pista Vermella
Artigo escrito para o Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 28 de febreiro do 2020 Esta semana lanzamos nas redes o hashtag #MuralPistaVermella e posteriormente #MuralCristinaSeijo na busca da homenaxe popular á gran historia do deporte lucense, ó amateurismo deportivo tan importante para a sociedade, e tamén ó basket de rúa Todo comezou, como tantasSeguir lendo “O basket de rúa e o amateurismo serán homenaxeados con arte urbana na Pista Vermella”
Máis de 150 persoas (e sumando) descubrirán este domingo #OLugoMenosCoñecido nun paseo histórico
A menos de 72 horas da tarde deste domingo, máis de 150 persoas confirmaron a súa asistencia ó paseo máis masivo do proxecto #OLugoMenosCoñecido. Un paseo organizado entre Guido Guía e a Asemblea de Humanidades, apoiado polo Campus Terra e a Universidade de Santiago, e co xeneroso xesto da asociación Cultura do País na cesiónSeguir lendo “Máis de 150 persoas (e sumando) descubrirán este domingo #OLugoMenosCoñecido nun paseo histórico”
Reportaxe sobre #OLugoMenosCoñecido e Guido Guía no diario El Progreso
Reportaxe do diario El Progreso de Lugo, publicada o 22 de febreiro do 2020 UN LUGO PARA LUCENSES Para celebrar o Día Internacional do Guía Turístico retamos a estes profesionais a sorprender os lugueses con recunchos de visita imprescindible na súa propia terra. Por Pilar Cheda ONTE celebrouse o Día Internacional do Guía Turístico eSeguir lendo “Reportaxe sobre #OLugoMenosCoñecido e Guido Guía no diario El Progreso”
Ás festas de San Lázaro da Ponte, con Elena
Artigo publicado no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 25 de febreiro do 2020 A miña vinculación co barrio da Ponte é enorme: é o lugar onde vin o mundo por vez primeira (en Polusa), está a poucos metros do meu barrio (O Carme), pasei añares nel entre o Fluvial e a Ponte Romana, agora noSeguir lendo “Ás festas de San Lázaro da Ponte, con Elena”
Os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido homenaxean ás aves no seu capítulo XVIII
Unha nova demostración de que Lugo é unha xoia e un paraíso 🍃💧 a preservar. O capítulo de hoxe (XVIII) dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido estivo adicado ós nosos amigos e veciños alados 🐦 que a diario nos acompañan. Que gozada de colaborador o noso mestre Pedro Rolle (O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza) e que marabilla de destino ornitolóxico oSeguir lendo “Os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido homenaxean ás aves no seu capítulo XVIII”
Concepto Circo volve embelecer espazos degradados do centro de Lugo
Artigo publicado no Lugo Xornal e Galicia Confidencial Esta mañá presenciei un proceso de absoluto embelecemento das nosas rúas. Os xeniais Yoe 33 e Marcos (Concepto Circo) avisáronme para observar 24 horas dun traballo espectacular a carón nada menos que dos 3 Patrimonios Mundiais da nosa cidade Unha iniciativa de Alexandra Malheiro (da tenda de artesaníaSeguir lendo “Concepto Circo volve embelecer espazos degradados do centro de Lugo”
Unha nova escapada lucense: a Malta por 30 €
Artigo publicado en Lugo Xornal e Galicia Confidencial Esta fin de semana experimentamos a nova conexión que Ryanair ofrece dende A Lavacolla dende o pasado mes de outubro. Un destino ideal para desconectar da rutina con voos económicos e moitas alternativas para os viaxeiros no arquipélago maltés. Todo xurdiu a semana pasada buscando ideas para desfrutar dunhaSeguir lendo “Unha nova escapada lucense: a Malta por 30 €”
Reflexións nocturnas sobre Lugo e o noso futuro (Guido Guía)
Dentro dunhas horas marcho tres días de viaxe grazas a unha oferta que vimos estes días en Ryanair. Entre iso e as emocións destes días co aniversario de #LugoPatrimonioMundial, parece que hai pouco sono e moitas ganas de compartir algunhas reflexións sobre estas últimas horas e sobre Lugo en xeral. Un ano despois daquel boom daSeguir lendo “Reflexións nocturnas sobre Lugo e o noso futuro (Guido Guía)”
A campaña #LugoPatrimonioMundial inunda as redes sociais no seu primeiro aniversario
Reportaxe do Lugo Xornal, publicada o 14 de febreiro do 2020 Esta iniciativa de Guido Álvarez Parga contou co apoio de centos de veciñas, políticos, deportistas… e conseguiu ser ‘trending topic’ europeo durante doce horas. É unha maneira de visibilizar o apoio á candidatura de Lugo para ser declarada Patrimonio da Humanidade. O 13 deSeguir lendo “A campaña #LugoPatrimonioMundial inunda as redes sociais no seu primeiro aniversario”
My first individual guided tour in Lugo: Jeanenne, from the United States
2020 began professionally in an unbeatable way: with a new experience that will remain forever in my memory: my first guided tour for one person 🙂 She is Jeanenne, from the United States, and she contacted me about a month ago to hire this personalized visit. And how did she discover me? In an AmericanSeguir lendo “My first individual guided tour in Lugo: Jeanenne, from the United States”
Este sábado Guido Guía repite paseo guiado pola arte urbana de Lugo
Despois do éxito dos primeiros 14 capítulos dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido, dende Guido Guía estamos a repetir nestas Festas algúns dos mellores. Este sábado será o turno de #ArteUrbana, un paseo que estreamos o 12 de outubro e que está a ter moita demanda dende os visitantes da cidade. Queredes descubrir a cantidade de artistasSeguir lendo “Este sábado Guido Guía repite paseo guiado pola arte urbana de Lugo”
#OlladasDeSmartphone #OLugoMenosCoñecido: unha experiencia turística observando Lugo dende outro ángulo
Onte vivimos o capítulo XIII dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido cun tema e cun colaborador moi especiais. En #OlladasDeSmartphone, o amigo Iago de Sant (proxecto Microsoños) axudounos a ver Lugo dende outra perspectiva… a través dos nosos teléfonos intelixentes. Compartimos con vós algúns dos fermosos resultados
Guido Guía xa é marca rexistrada (B.O.P.I.)
Unha gran noticia que quero compartir con vós: cando me fixen autónomo decidín invertir en rexistrar a miña marca Guido Guía 🙂 Hoxe, dous meses despois de ser publicada no Boletín Oficial da Propiedade Industrial, non recibiu oposición e podo dicir que xa estou cuberto 🙂
#OLugoMenosCoñecido homenaxea á inmigración lucense no seu #GrazasInmigrantes
De momento non baixa o nivel de emoción nos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido 💓 Hoxe vivimos un capítulo moi emotivo para min, adicado á marabillosa pegada que a inmigración deixou e deixa na nosa cidade. Foi emotivo por moitas razóns, pero a primeira delas porque lle demos protagonismo á miña maior fonte de inspiración á hora de mirar aSeguir lendo “#OLugoMenosCoñecido homenaxea á inmigración lucense no seu #GrazasInmigrantes”
Éxito do VII paseo guiado #OLugoMenosCoñecido adicado á #ArteLucense: un formato a repetir
Onte vivimos unha nova experiencia dentro dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido. Foi o turno da #ArteLucense, e as sensacións foron moi boas. Xuntamos un grupo de 14 persoas que puideron gozar dunha mañá de paseo compartida con tres grandes artistas da cidade: Eduardo Fernández, Iago Eireos e Gema López. Con visitas ós seus tres estudos, explicacións,Seguir lendo “Éxito do VII paseo guiado #OLugoMenosCoñecido adicado á #ArteLucense: un formato a repetir”
Estrea da páxina de servizos de Guido Guía, con visitas temáticas a Lugo en 5 idiomas
Sigo actualizando pouco a pouco a páxina de facebook do proxecto Guido Guía 🙂 Na sección “Servizos” xa podedes encontrar algúns dos primeiros que estou ofrecendo. Moitas grazas polo voso apoio! https://www.facebook.com/pg/guidoguiaturismo/services
Debate na Radio Galega en Lugo: “A candidatura da zona histórica a Ben Mundial”
Esta mañá conversamos na Radio Galega sobre a potencial candidatura de Lugo a ser declarada cidade Patrimonio Mundial UNESCO. Un pracer de compartir charla co historiador Adolfo de Abel Vilela, ca presidenta da Asociación de Empresarios da Tinería Isa Lozano Verdes e ca condutora de Galicia por diante Emma Alonso 📻 Se queredes escoitalo podedes facelo no seguinte podcast da web da RG:Seguir lendo “Debate na Radio Galega en Lugo: “A candidatura da zona histórica a Ben Mundial””
Un mar de coloridos paraugas camiñou pola Reserva da Biosfera e por #OLugoMenosCoñecido
Onte foi o turno do VI Paseo guiado polo Lugo menos coñecido (Reserva da Biosfera) 🍃 e as circunstancias convertérono, máis se cabe, nunha celebración da natureza… dese privilexio lucense de ser a única capital ibérica que vive dentro dun espazo RB UNESCO 🍄🍂💧 Choveu, e foi un agasallo do ceo… dalgún xeito hai que regar este paraísoSeguir lendo “Un mar de coloridos paraugas camiñou pola Reserva da Biosfera e por #OLugoMenosCoñecido”