Hai uns meses unha amiga (Géraldine Marsaudon) animoume a colaborar como voluntario no festival céltico máis grande do mundo: o Festival Interceltique de Lorient, que se celebra cada ano e ininterrumpidamente dende o 1971.

A semana pasada tomei rumbo á Bretaña e durante varios días vivín a formidable experiencia de participar dende dentro nun festival que nalgúns anos acadou case o millón de visitantes.
Formei parte do equipo de venta do “badge de soutien”, unha chapa-pase para acceder a diferentes zonas do festival. Tamén tiven a oportunidade de distribuir folletos turísticos (cedidos polo Concello e pola Deputación de Lugo) no pavillón de Galicia do festival.
Ademáis, puiden asistir a concertos formidables e históricos como o de Joan Baez ou o de Alan Stivell. Incluso de velos cantar xuntos o “Tri Martolod” (canción tradicional bretoa) no concerto do día 6.
En definitiva unha gran experiencia que me deixou moitas ganas de repetir na vindeira edición… a 47ª! Moi agradecido a Géraldine polo convite, pola oportunidade, e polos bós momentos. Con seguridade próximamente escribirei un artigo para Galicia Confidencial, falando un pouco máis sobre a experiencia e sobre este máxico festival que namora a propios e alleos dende hai case medio século. Vive le FIL et Bevet Breizh!