O 13 de febreiro do 2019 foi a data de nacemento do hashtag #LugoPatrimonioMundial, unha campaña tan masiva e viral como espontánea e natural. Cada ano dende aquel día celebramos nas redes a existencia desta etiqueta de orgullo lucense para presumir dos nosos patrimonios e belezas… e de paso, facendo forza para unha futurible candidaturaSeguir lendo “Por quinto ano consecutivo #LugoPatrimonioMundial buscará ser tendencia o 13 de febreiro”
Arquivo de categoría:Sen categoría
O 14 de xaneiro Guido Guía organiza o paseo #OFerrolMenosCoñecido II con Secret Galicia
Xa temos cartel para #OFerrolMenosCoñecido II, segundo paseo guiado polas terras irmás de Ferrol Desta vez será acompañado polo meu querido amigo Xulio Vázquez Deibe, guía oficial de Turismo de Galicia e promotor de Secret Galicia Se queredes inscribirvos escribide a guidoguiaturismo@gmail.com
Guido Guía organiza 8 paseos diferentes para descubrir Lugo durante as festas do Nadal
Todos os anos, dende que naceu o proxecto Guido Guía, organizamos en Lugo paseos guiados durante as festas do Nadal. Este ano non será excepción e temos preparados 8 capítulos diferentes da serie #OLugoMenosCoñecido para compartir con todos vós: 23 de decembro ás 17h00: #OLugoMenosCoñecido 24 de decembro ás 11h00: #ArteUrbanaLucense 25 de decembro ásSeguir lendo “Guido Guía organiza 8 paseos diferentes para descubrir Lugo durante as festas do Nadal”
Este domingo Guido Guía guiará #OOurenseMenosCoñecido xunto a Fabio Forino
Quedan 6 días para o paseo guiado #OOurenseMenosCoñecido! Un percorrido no que guiarei acompañado dun novo colaborador, o italo-ourensán Fabio Forino Inscricións no correo electrónico guidoguiaturismo@gmail.com
O ciclo #PaseArte de Lugo, na Televisión de Galicia
Non podo estar máis feliz con este recordo Grazas Televisión de Galicia por visitarnos hoxe no último paseo #PaseArte en bici deste verán e infinitas grazas a Cultura e Turismo de Lugo por contar conmigo para este innovador superproxecto lucense! Moi emocionado, e con ganas de máis!
#LugoPatrimonioMundial cumpre dous anos e este sábado busca ser tendencia mundial
Mañá 13 de febreiro cúmprense dous anos do nacemento do hashtag #LugoPatrimonioMundial, iniciativa virtual que neste tempo foi apoiada por milleiros de persoas de Lugo e de todo o mundo Para celebralo, este sábado enchamos as redes para ser trending topic (tema tendencia) mundial! Saudemos á UNESCO
Os mellores sabores de Arxentina, no lucense barrio da Residencia
Onte mércores a familia dun gran amigo, Cristopher Chaldú, abriu no barrio da Residencia unha pastelería arxentina que non deixará indiferente a ninguén. Son todos eles unha familia experta en gastronomía, sobre todo na arxentina, e no seu emprendemento fan un especial destaque nos doces e postres, tan afamados e aprezados polos gourmets. Coñecín aSeguir lendo “Os mellores sabores de Arxentina, no lucense barrio da Residencia”
Coa entrada na fase 3 Guido Guía anuncia a data do paseo polo #LugoFavorito: venres 12 de xuño
Tal e como anunciamos esta semana, no momento en que a provincia de Lugo entrase en fase 3 (e se reactivase polo tanto a actividade dos guías turísticos) comezamos a anunciar as primeiras datas dos vindeiros paseos e actividades ❤️ A primeira delas será o prometido paseo polo #LugoFavorito! En agradecemento ás máis de 500 persoas que escribironSeguir lendo “Coa entrada na fase 3 Guido Guía anuncia a data do paseo polo #LugoFavorito: venres 12 de xuño”
Guido Guía incorpora Bizum como método de reserva
Dende onte xa é posible reservar os paseos, viaxes e actividades de Guido Guía a través de Bizum 🙂 Unha facilidade máis! Grazas a esas persoas que propuxéchedes a idea! Moi boa 🙂
Hoxe @ofreixodoslobos e @guidoalvarezp conversarán sobre paseos e rutas lucenses no 2020
Lembrade, hoxe ás 18h00 conversaremos sobre rutas e paseos lucenses no 2020. En directo, en Instagram, Pedro Rolle (O Freixo dos Lobos Ecoturismo e Natureza @Ofreixodoslobos) e eu (Guido Guía @guidoalvarezp). Agardámosvos! Moitas grazas de antemán
Reflexións nocturnas sobre Lugo e o noso futuro (Guido Guía)
Dentro dunhas horas marcho tres días de viaxe grazas a unha oferta que vimos estes días en Ryanair. Entre iso e as emocións destes días co aniversario de #LugoPatrimonioMundial, parece que hai pouco sono e moitas ganas de compartir algunhas reflexións sobre estas últimas horas e sobre Lugo en xeral. Un ano despois daquel boom daSeguir lendo “Reflexións nocturnas sobre Lugo e o noso futuro (Guido Guía)”
Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido no número 3 do Nós Diario
Moi moi moi emocionado con esta sorpresa. O novo xornal -tristemente o único diario en galego en papel da actualidade- Nós Diario Sermos Galiza publica isto no seu nº 3 ❤️ Para min é algo histórico e que lembrarei sempre. Infinitamente agradecido! #OLugoMenosCoñecido #XornalismoEnGalego 💙
Participación na “Xornada de prescriptores” de Terras de Miranda, e novos proxectos no horizonte
Moi agradecido polo convite de hoxe a Terras de Miranda – Turismo de Lugo e a Valora Consultores! Foi un pracer falar en Mondoñedo (unha das antigas sete capitais galegas) sobre a miña experiencia no mundo do turismo nesta “Xornada de prescriptores” da Mariña Lucense. Emocionado cas novas colaboracións que se albiscan no horizonte no que éSeguir lendo “Participación na “Xornada de prescriptores” de Terras de Miranda, e novos proxectos no horizonte”
Arte de a pé en Lugo: os “invisibles” que nos alegran a vida
Cando falamos de cidades ricas cultural e artísticamente… en que pensamos exactamente? Que ten que ter unha cidade ou unha localidade para ser considerada rica nese senso? Lugo o é? Déixoo en interrogante e vós me diredes. Onte rematou o San Froilán e para min volveu ser, un ano máis, a festa máis fermosa doSeguir lendo “Arte de a pé en Lugo: os “invisibles” que nos alegran a vida”
Unha mensaxe para todos os amigos!
Os que me coñecedes ben xa sabedes como son: unha persoa moi preocupada sempre polos sentimentos e polos detalles. Levo toda a miña vida respondendo a todas e cada unha das mensaxes que recibo en público e en privado polas redes sociais, por SMS, whatsapp, telegram, e-mail… Non me gusta nada que sexa así, peroSeguir lendo “Unha mensaxe para todos os amigos!”
Participación nunha moi interesante táboa redonda organizada polo COAG Lugo
Esta foi a miña primeira intervención na táboa redonda “Intervención no espazo público e o uso de espazos abandonados como elementos de dinamización urbana” organizada hoxe polo COAG Lugo 🙂 Moi agradecido polo convite a un evento tan especial e constructivo a prol da nosa cidade! Un pracer de coincidir e aprender dos compañeiros Gonzalo AlonsoSeguir lendo “Participación nunha moi interesante táboa redonda organizada polo COAG Lugo”
O capítulo III dos paseos #OLugoMenosCoñecido chegará o día de San Froilán
Cun cheo en 24 horas para o primeiro paseo polo Lugo menos coñecido, e cun segundo a piques de esgotar prazas, lanzamos xa (co apoio da Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego) o terceiro capítulo para o sábado 5 de outubro, día grande de Lugo… contamos contigo para o Paseo guiado polo Lugo menos coñecidoSeguir lendo “O capítulo III dos paseos #OLugoMenosCoñecido chegará o día de San Froilán”
A miña historia cos lanzamentos lonxanos a canastra, e o concurso de triplas deste sábado en Madrid
Vouvos contar unha historia relacionada co especial momento que vou vivir en Madrid este sábado na final do concurso #SeBuscaTriplista2019 🏀👌 de KIA en Zona e ACB – Asociación Clubes Baloncesto… a historia é: de ónde ven a miña afección polos lanzamentos lonxanos a canastra? O inicio de todo foi, obviamente, a chegada do baloncesto á miña vida. Quen foi oSeguir lendo “A miña historia cos lanzamentos lonxanos a canastra, e o concurso de triplas deste sábado en Madrid”
Data confirmada para o 2º paseo guiado polo Lugo menos coñecido: solpor do 28 de setembro
Ante o enorme éxito do primeiro Paseo guiado polo Lugo menos coñecido (60 prazas esgotadas en 24 horas) lanzamos xa (co apoio da Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego) o segundo capítulo para o sábado 28 de setembro… contamos contigo para o Paseo guiado polo Lugo menos coñecido (capítulo II: solpor)! Se queres inscribirte ou informarte podesSeguir lendo “Data confirmada para o 2º paseo guiado polo Lugo menos coñecido: solpor do 28 de setembro”
Primeira visita guiada personalizada como autónomo de Guido Guía
Moi feliz trala miña primeira visita guiada personalizada como autónomo, e do proxecto Guido Guía 🙂 Moitísimas grazas a Isabel Pérez, Jose Antonio, Santi e Álvaro pola vosa confianza! 👣🍃#LugoPatrimonioMundial