A Fraga Vella e As Catedrais cos novos estudantes internacionais de Lugo

No blog de Galicia Infinita 

O pasado venres comezamos a tempada de excursións 2017/2018 cun fantástico grupo no que predominaron os novos estudantes internacionais da USC en Lugo. Brasil, México e Chile como principais países de procedencia!

Saímos cedo desde Lugo para gozar paseando xuntos en horario de baixamar por unha das praias máis bonitas do mundo: As Catedrais. Un punto sempre moi desexado polos recentemente chegados a Galicia!

Máis tarde fómonos comer (en modo picnic) a un formidable merendeiro na beira do río Ouro, no concello de Alfoz. ¡Que boa sombra e fresco para un caluroso día como este!

Moi boas charlas para o recordo, e sobre todo a celebración de cumpre do mexicano Alejandro. Unha bonita casualidade!

E para a tarde o prato forte da xornada: ruta pola Fraga Vella cos nosos amigos de O Freixo dous Lobos! Nada menos que 8,26 km de aventura guiados polo especializado guía Pedro Rolle, co que anteriormente xa gozamos de estupendas rutas pola Mariña Lucense.

Preciosas paisaxes por este itinerario que trascorre polos municipios de Mondoñedo e Abadín. Quedan para o recordo! Xa empezamos a preparar a próxima!

 

 

A %d blogueros les gusta esto: