Unha parroquia milenaria na beira do Miño máis descoñecida

Sexta colaboración para a revista “Fogar de Breogán”, a revista do C.B. Breogán

Nos nosos paseos dominicais xa levamos unhas cantas camiñadas pola beira do Miño menos coñecida e visitada polos lucenses… a de Cuíña, fronte á Tolda e Santo André de Castro. Sete lugares (Cabo de Vila, Cuíña, Cumbraos, Ribeira, Santalla, Vilamiñao e O Vilar) conforman esta parroquia milenaria, habitada hoxe por pouco máis de 100 persoas, e cun patrimonio natural extraordinario… a parte das vistas!

Contrastadas opinións din que nesta parroquia ubicábase antigamente o mosteiro de Santalla de Fingoi, do século X e fundado por Eidoncia ou Aldonza Gundesindiz (irmá da condesa Paterna de Présaras). Aínda se mantén a súa advocación na patroa parroquial e na aldea de Santalla, mentres que o topónimo de Fingoi se perdeu nesta beira do Miño, pervivindo só no famoso barrio do sur da cidade.

Hoxe Cuíña é unha especie de paraíso perdido ou cando menos descoñecido para unha gran maioría de lucenses. Un paseo do Miño auténtico e diferente, que merece ser gozado e descuberto.

A %d blogueros les gusta esto: