Nos vindeiros días vou anunciar varios novos proxectos para este ano… aquí vai un dos máis marabillosos Coñecín persoalmente no mes de xuño ao arqueólogo Francisco Herves e ao seu equipo. Moitas conversas despois lanzamos esta colaboración, agardando que vos interese! #OLugoMáisArqueolóxico “No 2022 nace esta nova colaboración que buscará crear, con apertura para todos os profesionaisSeguir lendo “Guido Guía e o arqueólogo Francisco Herves lanzan o proxecto #OLugoMáisArqueolóxico”
Arquivos de etiqueta:lugo
Café Baires, un pedazo de Arxentina no barrio lucense da Milagrosa
Un pedazo de Bos Aires en Lugo! Feliz veño da inauguración do Baires Café-Bar Lugo, emprendemento dunha familia querida que por outro lado son parentes dos grandes amigos de La Romeria Coffee & Co e Dolce Francesca Lugo Lugo está en Arxentina e agora un pouco de Arxentina está en Lugo! Vaivos encantar! Rúa MallorcaSeguir lendo “Café Baires, un pedazo de Arxentina no barrio lucense da Milagrosa”
Guido Álvarez, guía lucense: «O turismo de proximidade gañou moita relevancia»
Entrevista en La Voz de Galicia publicada o 12 de xaneiro do 2021 O impulsor de Guido Guía comeza o ano con novos proxectos para dar a coñecer os barrios da cidade e «o Lugo menos coñecido» O guía oficial de turismo Guido Álvarez (Lugo, 1985), responsable de Guido Guía, comeza o ano con moita enerxía eSeguir lendo “Guido Álvarez, guía lucense: «O turismo de proximidade gañou moita relevancia»”
Vídeo de Lugo nevando en “Aquí la Tierra” de TVE
Onte subín dende a Muralla Romana de Lugo un vídeo da nevada ❄ Por Twitter escribiume Jacob Petrus, de Aquí la Tierra, para emitilo na RTVE 🙂 Un fragmento breve, pero que abriu o programa con Lugo e tamén co barrio do Carme. Segunda vez, e agardo que sexan moitas máis! ❤
A muralla verde: Lugo, capital do mundo novo
Artigo publicado no diario La Voz de Galicia o 31 de maio do 2020 Dous meses e medio de histórico confinamento serviron para moitas meditacións, e no caso de Lugo tamén para apuntalar e materializar vellas ideas pendentes. Neste século XXI quedaban poucos que non visualizasen con entusiasmo unha continuación das peonalizacións da cidade: agora,Seguir lendo “A muralla verde: Lugo, capital do mundo novo”
Guido Guía lanza paseos especiais #OLugoMenosCoñecido durante as Festas
Hai catro meses lanceime á aventura de facerme autónomo… e ó pouco tempo naceu, de xeito espontáneo, este fermoso proxecto que leva enganchándonos a pasear xuntos por Lugo nada menos que 14 capítulos 🙂 #OPrimeiro, #Solpor, #BerceDeSanFroilán, #ArteUrbana, #ReservaDaBiosfera, #TheFirstInEnglish, #ArteLucense, #GrazasInmigrantes, #LaNuit, #Amencer, #ParquesInfinitos, #LugoCreativo, #OlladasDeSmartphone e #EnigmasLucenses foron as aventuras vividas… Agora, aproveitandoSeguir lendo “Guido Guía lanza paseos especiais #OLugoMenosCoñecido durante as Festas”
Convidado á xornada de participación cidadá “Lugo, centro do Camiño Primitivo”… Grazas!
Moitas grazas a Lugo, Centro del Camino Primitivo por convidarme a estas xornadas de participación cidadá nas que conversaremos sobre o Camiño Primitivo na cidade de Lugo! Vémonos o venres 18 de outubro na Casa do Saber (Praza Pío XII) 🙂 Comparten isto na súa web: XORNADA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ A primeira xornada comezará o venres 18 deSeguir lendo “Convidado á xornada de participación cidadá “Lugo, centro do Camiño Primitivo”… Grazas!”
Reportaxe no diario El Progreso: “Imaxes que dan ansia viaxeira”
Reportaxe publicada no diario El Progreso o 31 de marzo de 2019 GUIDO ÁLVAREZ – GUÍA TURÍSTICO O calificativo de dinamizador venlle que nin ó pelo a este guía, gran convencido do potencial turístico de Lugo. As súas fotos rodan por internet e son anzois prodixiosos para pescar visitantes Por María Piñeiro NO MUNDO VIRTUAL,Seguir lendo “Reportaxe no diario El Progreso: “Imaxes que dan ansia viaxeira””
Gran éxito nos primeiros días do hashtag #LugoPatrimonioMundial… conseguirémolo!
Hai un par de días ocorréuseme a idea de lanzar nas redes sociais o hashtag #LugoPatrimonioMundial, para apoiar a Lugo na súa carreira por ser declarada pola UNESCO como Cidade Patrimonio da Humanidade. En menos de 48 horas os apoios, mencións, rechouchíos e comparticións foi enorme… moitas grazas a todos e a seguir loitando porSeguir lendo “Gran éxito nos primeiros días do hashtag #LugoPatrimonioMundial… conseguirémolo!”
Reportaxe sobre Lugo no programa “Lucus a Gusto” da Escola de Imaxe e Son (Fundación TIC)
O pasado mes de novembro recibín unha chamada do alumnado da Escola de Imaxe e Son da Fundación Tic 🎥 para facer unha reportaxe no seu programa #LucusAGusto. Demos un paseo polo centro de Lugo e este foi o resultado 🙂 Moitas grazas ó reporteiro Saúl Pérez e á presentadora Antía Montes!
“De viaxe con Guido” en Onda Cero: a Fronteira da Paz (Uruguai-Brasil) e o barrio de San Lázaro
Rivera e Santana do Livramento, Tacuarembó, Río Grande do Sul ou o barrio de San Lázaro foron algúns dos protagonistas do décimo sétimo #DeViaxeConGuido en Onda Cero Lugo. Aquí o podcast deste 17º #DeViaxeConGuido (a partir do minuto 51)
“De viaxe con Guido” en Onda Cero: Nantes e a Ruta dos Muíños do Mera
Jules Verne, o castelo dos duques de Bretaña, Hocus Pocus ou os Muíños do Mera foron algúns dos protagonistas do duodécimo #DeViaxeConGuido en Onda Cero Lugo. Aquí o podcast deste 12º #DeViaxeConGuido (a partir do minuto 57)
Contratado para o proxecto turístico “Experiencias del Destino”
Hoxe comezo en Lugo unha nova experiencia laboral: ilusionado cos novos retos profesionais, contento co meu novo lugar e contorna de traballo, e moi agradecido pola oportunidade e aposta en min. “Experiencias del Destino” é un ambicioso proxecto turístico lucense, de ámbito estatal, e que vai camiño de internacionalizarse. Contrátanme para o posto de productSeguir lendo “Contratado para o proxecto turístico “Experiencias del Destino””
Unha parroquia milenaria na beira do Miño máis descoñecida
Sexta colaboración para a revista “Fogar de Breogán”, a revista do C.B. Breogán Nos nosos paseos dominicais xa levamos unhas cantas camiñadas pola beira do Miño menos coñecida e visitada polos lucenses… a de Cuíña, fronte á Tolda e Santo André de Castro. Sete lugares (Cabo de Vila, Cuíña, Cumbraos, Ribeira, Santalla, Vilamiñao e OSeguir lendo “Unha parroquia milenaria na beira do Miño máis descoñecida”
¿Paseaches algunha vez polas nubes lucenses?
Quinta colaboración para a revista “Fogar de Breogán”, a revista do C.B. Breogán Hai uns anos case ninguén o probara… pero hoxe en día, en calquera lista do tipo “10 cousas que debes facer en Lugo” atopariamos xa unha das experiencias turísticas máis marabillosas e atractivas de Galicia: un paseo polas nubes lucenses, un paseoSeguir lendo “¿Paseaches algunha vez polas nubes lucenses?”
Branco amencer en Lugo: dous vídeos con medio millón de visitas
Martes pola noite: os telediarios anuncian que a mañá do mércores será en Lugo o momento con máis neve de todo o inverno. Organizamos un encontro para gozalo, espertámonos ás 6h30 e gozamos dunha das estampas máis fermosas de Lugo en moito tempo. Un vídeo nas redes sociais de Galicia Infinita, outro nos perfís doSeguir lendo “Branco amencer en Lugo: dous vídeos con medio millón de visitas”
Lugo, unha capital da historia romana no occidente europeo
Cuarta colaboración para a revista “Fogar de Breogán”, a revista do C.B. Breogán Todo o mundo oíu falar da peregrinación a Santiago de Compostela, todo o mundo oíu falar do máis meridional dos recunchos celtas, moita xente oíu falar do gaiteiro universal Carlos Núñez, do Deportivo, do Celta, do Breogán, do emporio Inditex ou doSeguir lendo “Lugo, unha capital da historia romana no occidente europeo”
A provincia de Lugo, capital mundial do turismo slow
Terceira colaboración para a revista “Fogar de Breogán”, a revista do C.B. Breogán Durante varios milenios a provincia de Lugo gardou un segredo. É hora de compartilo. Díxoo un soado personaxe lucense (non diremos o nome porque non lembramos as palabras exactas) na presentación dunha das últimas campañas turísticas da provincia de Lugo: “Os lucensesSeguir lendo “A provincia de Lugo, capital mundial do turismo slow”
Estreando sección de colaboración na revista do C.B. Breogán
Onte foi un día moi especial: estreei unha sección de colaboración na revista do equipo da miña vida, o dos meus soños, o C.B. Breogán. Moi agradecido ó club, outra vez, por ofrecerme este oco con tanto valor! “Lugo, Breo e viceversa” comezou no nº 8 de “Fogar do Breogán”, no último partido de 2017,Seguir lendo “Estreando sección de colaboración na revista do C.B. Breogán”
O Camiño Primitivo: de Grandas a Lugo
En Galicia Confidencial e no GC Tendencias Un dos tramos máis fermosos dos Camiños de Santiago. A semana pasada cruzamos as montañas da Fonsagrada e viaxamos pola máis antiga ruta a Compostela. O primeiro Camiño de Santiago coñecido. Preto de 1200 anos de historia xacobea… e quen sabe cantos tiña xa daquelas (guiándonos polo patrimonioSeguir lendo “O Camiño Primitivo: de Grandas a Lugo”