Artigo publicado no diario El Progreso o 18 de febreiro de 2019
Lucía Pérez, Alfonso Reyes ou José López Orozco son algúns dos persoeiros que se sumaron á campaña nas redes lanzada por Guido Álvarez Parga

A muralla xa é Patrimonio Mundial, pero por que non toda a cidade de Lugo? Eso debeu pensar o guía turístico e turismólogo Guido Álvarez Parga (@guidoalvarezp) cando o pasado mércores lanzou nas redes sociais o hashtag#LugoPatrimonioMundial.
Aínda que se trata dun dos lucenses máis influentes nas redes sociais, non imaxinaba a repercusión que ía ter a súa iniciativa, á que nuns poucos días se sumaron persoeiros como o meteorólogo Martín Barreiro, o exalcalde de San Sebastián Odón Elorza, a cantante Lucía Pérez ou o ex xogador de baloncesto Alfonso Reyes, por citar só algúns.