Onte estivemos na Radio Galega, no programa Galicia por diante, conversando sobre o Turismo en Lugo este verán. Participamos Maite Ferreiro (Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua), Paloma Vázquez (Xefa da área provincial de Turismo da Xunta de Galicia), Jacobo García-Bobadilla (Secretario da Asociación Provincial de Hostelería) e Guido Álvarez Parga (Guía Oficial de Turismo de Galicia especializado en Lugo). Por certo, nun rato estaremos en vivo en Radio Voz!