Esta mañá conversamos na Radio Galega sobre a potencial candidatura de Lugo a ser declarada cidade Patrimonio Mundial UNESCO. Un pracer de compartir charla co historiador Adolfo de Abel Vilela, ca presidenta da Asociación de Empresarios da Tinería Isa Lozano Verdes e ca condutora de Galicia por diante Emma Alonso 📻 Se queredes escoitalo podedes facelo no seguinte podcast da web da RG:Seguir lendo “Debate na Radio Galega en Lugo: “A candidatura da zona histórica a Ben Mundial””
Arquivos de etiqueta:Radio Galega
Debate local “Turismo en Lugo este verán” na Radio Galega
Onte estivemos na Radio Galega, no programa Galicia por diante, conversando sobre o Turismo en Lugo este verán. Participamos Maite Ferreiro (Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua), Paloma Vázquez (Xefa da área provincial de Turismo da Xunta de Galicia), Jacobo García-Bobadilla (Secretario da Asociación Provincial de Hostelería) e Guido Álvarez Parga (Guía OficialSeguir lendo “Debate local “Turismo en Lugo este verán” na Radio Galega”
Entrevista na Radio Galega: Guido Guía e o paseo polo Lugo menos coñecido (14-S)
Esta mañá no mesmísimo Parque Rosalía entrevistoume Cristina Lombao para a Radio Galega. Algo máis de dez minutos de entrevista sobre o proxecto Guido Guía e o paseo #OLugoMenosCoñecido do vindeiro 14 de setembro. Moitísimas grazas a ela, á emisora e ó programa Galicia por diante!! 📻💙
Entrevista sobre o proxecto “Experiencias del Destino” na Radio Galega
Esta tarde o recoñecido xornalista Alberto Rivero, do programa “A Tarde” da Radio Galega, achegouse a coñecer in situ o proxecto “Experiencias del Destino”. Entrevistou á directora María Crespo, e a min en condición de coordinador de produto de EdD. Podedes escoitarnos neste podcast dende o minuto 24: http://www.crtvg.es/rg/a-carta/a-tarde-a-tarde-do-dia-04-10-2018-3924910