Moitas grazas a Lugo, Centro del Camino Primitivo por convidarme a estas xornadas de participación cidadá nas que conversaremos sobre o Camiño Primitivo na cidade de Lugo! Vémonos o venres 18 de outubro na Casa do Saber (Praza Pío XII) 🙂
XORNADA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A primeira xornada comezará o venres 18 de outubro da man dun moderador, celebrarase un debate aberto que terá como participantes a peregrinos, cidadáns, entidades e asociacións da provincia que analizarán aspectos como:
A situación das infraestructuras
A accesibilidade
Sinalización dos camiños
Servizos públicos e privados
Acceso a bens culturais
Horarios de atención
Tradicións locais
CORRIXIR OS ERROS
A Xornada de Participación Cidadá finalizará coa elaboración dunhas conclusións que se eleven aos niveis que corresponda, uns de ámbito municipal e outros da Xunta de Galicia a través da Consellería competente.
O horario será de 16:00h a 20:00h , cun coffee break a media tarde.