Un mar de coloridos paraugas camiñou pola Reserva da Biosfera e por #OLugoMenosCoñecido

Onte foi o turno do VI Paseo guiado polo Lugo menos coñecido (Reserva da Biosfera) 🍃 e as circunstancias convertérono, máis se cabe, nunha celebración da natureza… dese privilexio lucense de ser a única capital ibérica que vive dentro dun espazo RB UNESCO 🍄🍂💧

Choveu, e foi un agasallo do ceo… dalgún xeito hai que regar este paraíso que temos, e tamén serviu para demostrar, unha vez máis, ese dito tan noso de “se chove, que chova”… unha oportunidade para gozar, en boa compañía, e en escenarios únicos, da beleza e romanticismo deste fenómeno meteorolóxico ☔️ que tanta vida e riqueza lle dá á nosa terra.

Non podo perder a oportunidade de darlle as grazas ós verdadeiros protagonistas de onte… dous colaboradores que máis alá diso son dos meus mellores amigos dos últimos anos… dous referentes lucenses, dous protectores da nosa natureza, os grandes Pedro Rolle (O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza) e Pepe Pérez Vázquez (Sogos Consulting)… grazas de corazón a eles e a todas as lindas persoas que nos acompañáchedes! 💚 Unha aperta e ata a próxima 🙂 #OLugoMenosCoñecido

A %d blogueros les gusta esto: