Unha das grandes marabillas de Lugo é o contar con sendeiros milenarios, bimilenarios, e máis que bimilenarios… un deles é nada menos que o primeiro Camiño de Santiago da historia. O que fixo o rei Alfonso II no século IX… O próximo domingo 26 de xaneiro descubriremos xuntos #OPrimeiroCamiño 💙
Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6 € por persoa (IVE incluído). Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos… grazas coma sempre á Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego polo seu apoio!
Máis info no evento da páxina de facebook Guido Guía: https://www.facebook.com/events/490669525179754/