6 países e 3 continentes descubren en Lugo #OPrimeiroCamiño con Guido Guía

Esta tarde foi tempo do capítulo XVI dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido 🙂 Amigos de Irlanda 🇮🇪 Uruguai 🇺🇾 Reino Unido 🇬🇧 Arxentina 🇦🇷 India 🇮🇳… de varias localidades galegas (Vilalba, Santiago, Ourense, A Coruña, Outeiro de Rei, Ferrol) e por suposto lucenses acompañáronnos percorrendo #OPrimeiroCamiño, o que Alfonso II fixo alá polo século IX… moitas grazas a todos por unha finde incrible!! ❤️

O rei Alfonso II e #OLugoMenosCoñecido, un paseo guiado polo Primeiro Camiño de Santiago

Unha das grandes marabillas de Lugo é o contar con sendeiros milenarios, bimilenarios, e máis que bimilenarios… un deles é nada menos que o primeiro Camiño de Santiago da historia. O que fixo o rei Alfonso II no século IX… O próximo domingo 26 de xaneiro descubriremos xuntos #OPrimeiroCamiño 💙 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedesSeguir lendo “O rei Alfonso II e #OLugoMenosCoñecido, un paseo guiado polo Primeiro Camiño de Santiago”