Máis de 150 persoas (e sumando) descubrirán este domingo #OLugoMenosCoñecido nun paseo histórico

A menos de 72 horas da tarde deste domingo, máis de 150 persoas confirmaron a súa asistencia ó paseo máis masivo do proxecto #OLugoMenosCoñecido. Un paseo organizado entre Guido Guía e a Asemblea de Humanidades, apoiado polo Campus Terra e a Universidade de Santiago, e co xeneroso xesto da asociación Cultura do País na cesión do seu local para unha festa post-paseo organizada polo xa mencionado colectivo de estudantes da facultade de Humanidades

Non podo estar máis nervioso e feliz ante o que posiblemente será o día máis emocionante da miña vida profesional. Un día para celebrar os últimos cinco anos de traballo en Lugo loitando por un soño: convencer ós poucos aínda non convencidos de que vivimos nun paraíso único no mundo… e non é unha esaxeración, de verdade. Infinitas grazas ós amigos da Asemblea de Humanidades Lugo por animarvos a organizar xuntos esta marabilla, ó Campus Terra USC e á Universidade de Santiago de Compostela por apoiala ó máximo, e á A.c. Cultura Do País polo xeneroso xesto de ceder o seu local para a festa post-paseo. Camiñada 👣 historias 🗣 música tradicional 🎶 petiscos 🍢 e festa rachada 🎉💙 nos agardan este domingo!

Lembrade: 16h Parque Rosalía ou 16h30 Facultade de Veterinaria para o paseo (non é necesaria a inscrición) e 19h30 A.c. Cultura do País (enviando mail á Asemblea Humanidades). Grazas a todos polo apoio e a difusión! Non paredes, non hai límite de prazas para este paseo de orgullo lucense! Que sexa unha gran festa 

A %d blogueros les gusta esto: