Nunca na miña vida aparecera nos titulares do #TelexornalSerán da Televisión de Galicia. Hoxe foi a primeira vez, pola iniciativa #LugoFavorito, que levamos movendo nas redes dende o pasado luns 23 de marzo. Non deixedes de mandarnos os vosos escritos, e grazas de novo TVG!!! 💙💙💙
“Baixo o cancelo #LugoFavorito relatos coma estes inundan as redes sociais. Súmanse así á iniciativa creada por Guido Álvarez, un guía de turismo asentado en Lugo que promove escribir relatos sobre aqueles lugares favoritos que agora tanto botamos en falta.
Nós poñemos imaxe ás súa propostas. O adarve da muralla romana, a contorna da catedral de Lugo ou a emblemática Praza Maior son algúns dos lugares favoritos dos veciños. Agora están desertos, pero pronto tanto os fundadores da cidade como Ánxel Fole volverán estar rodeados de xente.
A iniciativa non remata aquí. Debido á súa grande acollida pensan xa en facer unha expoción cos textos, editar un libro que recolla todos os relatos e organizar andainas polos lugares que máis se repiten no proxecto #LugoFavorito”