Comeza a deseñarse, escrito a escrito, o paseo guiado #LugoFavorito

Comezamos a deseñar o paseo guiado #LugoFavorito ❤️ Será gratuíto e idealmente en xuño. Valoramos facer dúas edicións. Participaches na iniciativa? Queremos contar contigo para que durante o paseo nos fales do teu #LugoFavorito e facer así que esta experiencia sexa aínda máis máxica! Escríbenos a guidoguiaturismo@gmail.com 🙂

Novo reto colectivo: compartir fotografías antigas #RecordandoLugo

Despois de tres semanas acumulando máis de 500 escritos do #LugoFavorito, lanzamos un novo hashtag e un novo reto para seguir construíndo memoria lucense nestas semanas: que compartades fotografías antigas de Lugo! Preferiblemente fotos con persoas e historias, pero todo vale 🙂 Compartide directamente nas redes (Facebook, Twitter, Instagram…) utilizando o hashtag #RecordandoLugo ou mandádeme as vosas fotografías e asSeguir lendo “Novo reto colectivo: compartir fotografías antigas #RecordandoLugo”

Share memories and favorite places of Lugo in different languages #LugoFavorito

Since last March 23 in Lugo we are living a beautiful project to build collective memory. More than 500 texts in Galician and Spanish have arrived, but still none in other languages. Would you like to share your memories and favorite places of Lugo? Please write your text on a paper, take a photo ofSeguir lendo “Share memories and favorite places of Lugo in different languages #LugoFavorito”

Cal é o teu lugar favorito de Lugo? (Reportaxe La Voz de Galicia)

Reportaxe publicada no diario La Voz de Galicia o 7 de abril do 2020 O guía de turismo Guido Álvarez iniciou en redes un movemento a través dun hashtag para coñecer os sitios predilectos dos lucenses MARÍA GUNTÍN Guido Álvarez é un lucense que hai uns días espertou un movemento social na cidade baixo oSeguir lendo “Cal é o teu lugar favorito de Lugo? (Reportaxe La Voz de Galicia)”

A iniciativa #LugoFavorito no Telexornal Serán (TVG)

Nunca na miña vida aparecera nos titulares do #TelexornalSerán da Televisión de Galicia. Hoxe foi a primeira vez, pola iniciativa #LugoFavorito, que levamos movendo nas redes dende o pasado luns 23 de marzo. Non deixedes de mandarnos os vosos escritos, e grazas de novo TVG!!! 💙💙💙 “Baixo o cancelo #LugoFavorito relatos coma estes inundan as redes sociais. Súmanse así áSeguir lendo “A iniciativa #LugoFavorito no Telexornal Serán (TVG)”

Memoria colectiva (La Voz de Galicia)

Reseña publicada no diario La Voz de Galicia o 31 de marzo do 2020 Outra das iniciativas que estes días está tendo moito éxito a través das redes sociais é a que puxo en marcha Guido Guía, o Lugo Favorito, que busca animar aos cidadáns a que compartan cales son os seus lugares (ou recordos) favoritosSeguir lendo “Memoria colectiva (La Voz de Galicia)”

Máis de 100 escritos en 7 días: #LugoFavorito camiño de converterse en libro

Incrible pero certo: en 7 días, máis de 100 escritos sobre o #LugoFavorito. Enviados ou subidos ás redes dende Lugo e dende diversas partes do mundo 🌎 Haberá paseo cando todo pase, haberá exposicion, e… por que non un libro? Isto é emocionante… GRAZAS A TODOS e sigamos construíndo memoria colectiva ❤️

Recordemos, escribamos… compartamos con palabras o noso #LugoFavorito

Amigos e compañeiros de profesión animáronme estes días a pensar nalgunha posible campaña para sumar enerxía positiva e entretemento nestes días de illamento. Isto foi o que se me ocorreu 🙂 Anímovos a todos a participar! #LUGOFAVORITO (lugares e recordos en palabras, sen fotografías) Son estes días para viaxar polos nosos recordos, e tamén días para voarSeguir lendo “Recordemos, escribamos… compartamos con palabras o noso #LugoFavorito”