Artigo publicado no Nós Diario o 4 de agosto do 2020
O mundo do guiado vive unha verdadeira metamorfose a nivel mundial, e na Galiza non é excepción: ao contrario, aquí é maior que en case ningún outro sitio… por que?
O senso e o valor do guiado radica en que haxa cousas que contar, e tamén na posible maxia á hora de facelo. Nesta terriña nosa conxugamos ambos os factores á perfección, e a amalgama de lugares é xigante.
Herdamos un sistema valioso como precursor, pero estamos ante un mundo novo: a creación de itinerarios e experiencias é unha arte en si mesma, e por diante temos unha nova etapa para o turismo: viaxaremos todos xuntos, locais e estranxeiros, redescubriremos a nosa historia e a nosa natureza… e sen dúbida seremos máis felices.
Free tours, viaxes inmersivas, visitas fotográficas, formatos que triunfan no mundo chegaron para quedarse. Regulación e inspección, pero sempre abertos… o covid-19 estanos dando a razón: nas viaxes, como na vida, temos que buscar a profundidade e a evolución permanente.
