A Galiza do FEVE

Artigo publicado no Nós Diario o 11 de decembro do 2021 Falar de FEVE é falar de necesidade de reivindicación, pois é unha liña cun enorme potencial pero que nunca acaba de ser aproveitado… pero falar de FEVE é tamén falar dunha das experiencias turísticas galegas máis incribles, románticas, e sen embargo máis descoñecidas paraSeguir lendo “A Galiza do FEVE”

Sempre Negueira, Negueira sempre

Artigo publicado no Nós Diario o 13 de novembro do 2021 Hai sitios no mundo que teñen unha enerxía especial difícil de explicar. Un deses lugares é Negueira de Muñiz, nas Terras de Burón A primeira vez que escoitei  falar de Negueira de Muñiz foi, seguramente como para moitos, por conta dos movementos comunitarios xurdidos neste pequeno eSeguir lendo “Sempre Negueira, Negueira sempre”

Queixo crema e innovación universitaria lucense

Artigo publicado no Nós Diario o 13 de novembro do 2021 O pasado 27 de outubro recibín o convite para ir, en calidade de colaborador do Nós Diario, a unha visita á fábrica de Quescrem (en Castro Ribeiras de Lea) e un posterior menú degustación dos seus produtos no restaurante España de Lugo. Ambas experiencias fantásticas. Coñezo QuescremSeguir lendo “Queixo crema e innovación universitaria lucense”

O tempo das contornas

Artigo publicado no Nós Diario o 17 de setembro do 2021 Os centros históricos seguen a ser polos de atracción turística, pero cada vez máis visitantes optan por descubrir as contornas das cidades e vilas nas súas viaxes Aínda é hoxe recorrente o recurso de chegar a calquera cidade e buscar o seu centro histórico, o seu cascoSeguir lendo “O tempo das contornas”

Os rusos de Navia

Artigo publicado no Nós Diario o 5 de xuño do 2021 Algo interesante está a suceder en Navia de Suarna, un concello ancarés de mil habitantes Un mozo enxeñeiro vigués que percorreu medio mundo desenvolve un proxecto de casa rural e coliving en Barcia. Un asturiano profesor de inglés pon en marcha un museo etnográfico en pleno centroSeguir lendo “Os rusos de Navia”

Arqueoloxía e rural no centro de Lugo

Artigo publicado no Nós Diario o 8 de maio do 2021 Novos achados e posta en valor dun barrio Patrimonio Mundial O barrio do Carme comeza a ser o novo epicentro da investigación arqueolóxica galega tralo descubrimento dunha domus romana do século III na primeira cata feita no plan Muramiñae do Concello de Lugo. Unha evidencia que apuntalaSeguir lendo “Arqueoloxía e rural no centro de Lugo”

O legado de Yoe 33

Artigo publicado no Nós Diario o 10 de abril do 2021 Xa hai moito tempo que vimos falando da idade dourada da arte urbana lucense, e a vitoria de Diego Anido Seijas (Diego AS) o pasado luns nas Graffiti Battles da Liga Nacional non é máis que unha reafirmación desta realidade. Xa son moitos os premios e recoñecementosSeguir lendo “O legado de Yoe 33”

O Lugo do século XXII

Artigo publicado no Nós Diario o 13 de marzo do 2021 Como será Lugo no ano 2100? Hoxe a nosa viaxe non vai discorrer só polo espazo, farao tamén polo tempo e polas nosas imaxinacións. E é que estes tempos de tantos cambios no mundo semella que ás veces activan os nosos maxíns pensando moito no que virá.Seguir lendo “O Lugo do século XXII”

#LugoPatrimonioMundial

Artigo publicado no Nós Diario o 13 de febreiro do 2021 Lanzamos hai xusto dous anos, o 13 de febreiro do 2019, un cancelo que leva todo ese tempo facendo historia. Unha etiqueta de orgullo lucense que a día de hoxe aglutina milleiros de contidos, de milleiros de persoas amantes de Lugo, relacionados coas belezas e riquezas daSeguir lendo “#LugoPatrimonioMundial”

Unha viaxe polo Alto Miño

Artigo publicado no Nós Diario o 16 de xaneiro do 2021 Un territorio senlleiro camuflado entre comarcas e provincias Agochados entre a toponimia oficial e o marketing turístico atópanse aínda certos territorios galegos, xeográficos e históricos, pouco traballados como destinos viaxeiros casuais ou organizados. Hoxe imos adicarlle un anaco de escritura e lectura a un que ten paraSeguir lendo “Unha viaxe polo Alto Miño”

O primeiro peregrino medrou en Samos

Artigo publicado no Nós Diario o 19 de decembro do 2020 Alfonso II o Casto e os vellos reinos que tanto explican O 2021 será o primeiro ano Xacobeo co Camiño Primitivo declarado como Patrimonio da Humanidade.  Xa son cinco anos dende a declaración da UNESCO, case mil douscentos de andainas entre Oviedo e Compostela, e máis dunSeguir lendo “O primeiro peregrino medrou en Samos”

O legado de Piornedo

Artigo publicado no Nós Diario o 21 de novembro do 2020 Lola e Isolina, salvagardas da tradición e historia dos Ancares A pegada das grandes construcións identitarias como a galega sempre deixa recunchos vivos onde podemos observar o paso do tempo vivido. Galiza ten, desde os oestrimnios e saefes ata a modernidade próxima, moitas marcas da memoria enSeguir lendo “O legado de Piornedo”

O Carme, por vez primeira

Artigo publicado no Nós Diario o 24 de outubro do 2020 O Concello de Lugo anunciou inminentes melloras que serían a primeira aposta real polo barrio Esta semana o lucense barrio do Carme celebrou posiblemente unha das mellores noticias dos seus máis de 2000 anos de historia: de momento non é máis que un compromiso, pero é oSeguir lendo “O Carme, por vez primeira”

O turismo celta, onte e mañá

Artigo publicado no Nós Diario o 25 de agosto do 2020 Na procura de camiños para o presente e futuro do turismo falamos este mes do mundo do guiado na Galiza, da por fin confirmada volta á natureza e ás orixes, e tamén da necesidade da posta en valor do patrimonio histórico. Hoxe toca unha pequena reflexión sobre outro tema:Seguir lendo “O turismo celta, onte e mañá”

A Mariña e o mar Céltico

Reportaxe publicada no Nós Diario o 26 de setembro do 2020 As augas que conectan e relatan a nosa historia Toda a vida levo vivindo A Mariña Lucense con moita intensidade. Os veráns de infancia e adolescencia, os recordos das miñas avoas (de Foz e Ribadeo), nos últimos anos as experiencias profesionais… e neste 2020, guiando máis queSeguir lendo “A Mariña e o mar Céltico”

A alternativa da historia

Artigo publicado no Nós Diario o 18 de agosto do 2020 Como dicía o mestre Carl Jung “a intelixencia é iso que usas cando non sabes que facer” e actualmente ese pensamento é recorrente… que facer nestes tempos de cambio? É unha pregunta que se repite buscando saídas sociais, culturais, económicas, persoais e colectivas. O mundo do turismoSeguir lendo “A alternativa da historia”

O turismo e a volta ás orixes

Artigo publicado no Nós Diario o 11 de agosto do 2020 Non diremos ningunha novidade se recordamos que dende a revolución industrial do XVlll a humanidade foise amontoando cada vez máis nas cidades esquecendo a que foi a súa relación orixinal coa natureza, e tampouco será difícil observar que o drama colectivo da pandemia acentuou a alerta anteSeguir lendo “O turismo e a volta ás orixes”

Galiza guiada: un mundo por descubrir

Artigo publicado no Nós Diario o 4 de agosto do 2020 O mundo do guiado vive unha verdadeira metamorfose a nivel mundial, e na Galiza non é excepción: ao contrario, aquí é maior que en case ningún outro sitio… por que? O senso e o valor do guiado radica en que haxa cousas que contar, e tamén naSeguir lendo “Galiza guiada: un mundo por descubrir”

Barrio da Ponte: un paraíso bimilenario en Lugo

Reportaxe publicada no Nós Diario o 10 de xullo do 2020 Cando os romanos chegaron a Lugo construíron un campamento militar nas alturas, pero tamén puxeron as ¿primeiras? pedras dun dos barrios máis fermosos e antigos da Galiza: A Ponte, tamén coñecido por moitos como barrio de San Lázaro. Dous mil anos despois, curiosamente segue a ser, porSeguir lendo “Barrio da Ponte: un paraíso bimilenario en Lugo”

O Carme: savoir-faire ecolóxico e bimilenario no centro de Lugo

Reportaxe publicada no Nós Diario o 12 de xuño do 2020 Moitas veces as mellores claves para o futuro atopámolas mirando cara atrás. No barrio do Carme, en Lugo, temos un exemplo paradigmático de como as esencias do pasado poden axudarnos a construír mellores cidades para o novo mundo Despois dun lustro traballando como guía eSeguir lendo “O Carme: savoir-faire ecolóxico e bimilenario no centro de Lugo”