O turismo celta, onte e mañá

Artigo publicado no Nós Diario o 25 de agosto do 2020

Na procura de camiños para o presente e futuro do turismo falamos este mes do mundo do guiado na Galiza, da por fin confirmada volta á natureza e ás orixes, e tamén da necesidade da posta en valor do patrimonio histórico. Hoxe toca unha pequena reflexión sobre outro tema: o turismo celta. Nun momento no que as alternativas sostibles e sensibles toman máis importancia que nunca, ese modus vivendi compartido cos veciños atlánticos e doutras partes do mundo -as diásporas celtas- adquire un valor aínda máis especial que antano. A onda do celtismo leva anos medrando no mundo, e xa sabemos que estamos incluídos no grupo… un grupo de lugares do planeta moi interesantes como referentes para tantas cousas… e tamén como compañeiros de viaxe. Ortigueira, Carlos Núñez ou os intercambios culturais entre pobos ou colexios da Galiza e da Bretaña son algúns exemplos dunha sinerxía que xa existe pero que interesa potenciar máis. Un modelo de entendemento da cultura sensible, positivo, aberto e integrador… un turismo saudable e creativo ao alcance das maiorías

A %d blogueros les gusta esto: