Nos vindeiros días vou anunciar varios novos proxectos para este ano… aquí vai un dos máis marabillosos Coñecín persoalmente no mes de xuño ao arqueólogo Francisco Herves e ao seu equipo. Moitas conversas despois lanzamos esta colaboración, agardando que vos interese! #OLugoMáisArqueolóxico
“No 2022 nace esta nova colaboración que buscará crear, con apertura para todos os profesionais e persoas que se animen, unha nova sinerxía entre o turismo e a arqueoloxía na cidade de Lugo. Un camiño cara o desexado #LugoPatrimonioMundial. Divulgación, intercambio de coñecementos e potenciais actividades relacionadas… ficade atentos!”
