48 persoas de toda Galicia descubren #OFerrolMenosCoñecido con Guido Guía

Día de emoción máxima. Por primeira vez dende que comecei o proxecto Guido Guía lancei un ciclo de paseos guiados fóra da provincia de Lugo… hoxe comezamos, #OFerrolMenosCoñecido💚, e foi un auténtico exitazo. Con 48 persoas de moi diversas procedencias charlamos con Eduardo Hermida, impulsor do incrible proxecto artístico das Meninas de Canido🎨🌟, descubrimos o barrio, A Malata e unha gran parte do grupo (31) ata xantamos xuntos e continuamos compartindo a tarde ferrolá. Sinxelamente inesquecible! Grazas Ferrol por recibirme tan sumamente ben, elexín ben por onde comezar este ciclo! Unha cidade que me ten cautivado e á que voltarei moitísimas veces se queredes 💙

A %d blogueros les gusta esto: