Paseo guiado #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía, este sábado 8 de outubro

Este sábado 8 de outubro, en plenas festas do San Froilán, dende o proxecto Guido Guía lanzamos o segundo paseo guiado do novo ciclo de visitas a 11 cidades e localidades galegas. O pasado sábado iniciouse en Ferrol, e agora viaxamos a onde comezou todo… #OLugoMenosCoñecido.

Este paseo comezará ás 11h00 do sábado 8 de outubro na Praciña do Carme (ao lado da Capela do Carme e fronte á sala de exposicións Porta Miñá), durará 3 horas e terá un custo de 10 € por persoa (IVE incluído). Hai posibilidade de adquirir bonos de 10 paseos por 60 € ou de 5 paseos por 40 €. Tamén desconto do 30% para menores de 18 anos e gratuidade para menores de 4 anos.

A %d blogueros les gusta esto: