#ACoruñaMenosCoñecida, novo paseo de Guido Guía o vindeiro domingo 16 de outubro

Algo máis de tres anos despois do inicio do proxecto Guido Guía, centrado primeiro na cidade e na provincia de Lugo, este outono chega ao resto de cidades e provincias galegas.

O pasado 1 de outubro comezou co capítulo #OFerrolMenosCoñecido e 48 participantes, o pasado 8 de outubro continuou #OLugoMenosCoñecido e 46 participantes, e o vindeiro domingo 16 de outubro será o turno do capítulo #ACoruñaMenosCoñecida.

Queres apuntarte? Podes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo por paseo é de 10 € por persoa, 7 € para menores de 18 anos e gratuíto para menores de 4 anos. Hai posibilidades de bonos de 10 paseos por 60 € e de 5 paseos por 40 €

A %d blogueros les gusta esto: