O domingo 27 Guido Guía organiza o paseo guiado #OBetanzosMenosCoñecido

O vindeiro domingo 27 de novembro Guido Guía organiza o 11º paseo do seu novo ciclo #OMenosCoñecido das cidades e vilas galegas. Terá lugar en Betanzos, unha das antigas sete capitais do Reino de Galiza.

O paseo comenzará ás 11h00 no Palco da Música da Praza dos Irmáns García Naveira, e contará coa colaboración do guía oficial de turismo Xulio Vázquez Deibe, de Secret Galicia. As inscricións (10 € por persoa pero con distintos descontos e bonos posibles) poden realizarse a través do correo electrónico guidoguiaturismo@gmail.com

Nos anteriores paseos a participación foi moi alta, con 48 persoas en Ferrol, 47 en Lugo, 132 na Coruña, 30 en Vigo, 30 en Pontevedra, 41 en Ourense, 26 en Tui, 63 en Compostela, 32 en Mondoñedo e 17 en Monforte de Lemos.

A %d blogueros les gusta esto: