Todos os anos, dende que naceu o proxecto Guido Guía, organizamos en Lugo paseos guiados durante as festas do Nadal. Este ano non será excepción e temos preparados 8 capítulos diferentes da serie #OLugoMenosCoñecido para compartir con todos vós:
23 de decembro ás 17h00: #OLugoMenosCoñecido
24 de decembro ás 11h00: #ArteUrbanaLucense
25 de decembro ás 19h00: #LugoLaNuit
27 de decembro ás 11h00: #ASendaDoFervedoira
30 de decembro ás 11h00: #OBosqueSagrado
1 de xaneiro ás 17h00: #OsBarriosDoMiño
6 de xaneiro ás 17h00: #OsBarriosDoRato
8 de xaneiro ás 16h00: #OAnelVerde
Cada un destes paseos guiados ten un prezo de 10 € por persoa, habendo a posibilidade de bonos de 10 paseos por 60 €, 8 paseos 50 €, 5 paseos 40 € e 4 paseos 30 €. Descontos do 30% para menores de 18 anos, e menores de 4 anos gratis. Para anotarse é preciso facelo enviando un correo electrónico a guidoguiaturismo@gmail.com. Máis información no calendario de actividades desta web: https://guidoguia.com/calendario-actividades/
