Lugo, Portomarín, Ourense, Ribadavia, Tui e A Guarda serán as 6 localidades que Buguina Turismo, Guíame Galicia e Guido Guía unirán no seu ciclo de paseos guiados #OMiñoQueNosUne. Estes tres guías oficiais comezaron a colaborar o pasado outono e agora nos convidan a descubrir xuntos estas cidades e vilas miñotas.
O vindeiro sábado 25 de febreiro o ciclo comezarán en Lugo, continuarán o domingo 26 en Portomarín, o 25 de marzo en Ourense, o 26 de marzo en Ribadavia, o 29 de abril en Tui, e o 30 de abril na Guarda.
O prezo dos paseos é de 10 € por persoa, con posibilidade de bonos de 5 ou 10 paseos (serven tamén para outros ciclos e actividades). Hai descontos do 30% para menores de 18 anos e os menores de 4 poden asistir de balde.