O domingo 19 de marzo Patrimonea e Guido Guía organizan un roteiro na localidade de Touro co obxectivo de dar a coñecer un dos bosques de ribeira mellor conservados de Galicia xunto a un extenso patrimonio material e inmaterial. O itinerario será duns 11 quilómetros de dificultade baixa-media e será diferente ao anterior que foi organizado no mes de xaneiro.
Comezará ás 10h00 e extenderase até as 14h00. O programa da actividade incluirá algunha visita adicional sorpresa (para aquelas e aqueles que o desexen) pola tarde que permitirá desfrutar dunha xornada nun entorno rural pouco coñecido e que garda múltiples «tesouros».
O prezo é de 10 euros por persoa (consultar bonos e descontos por idade) e para inscribirse é necesario mandar un correo co nome apelido e DNI aos correos patrimoneaulla@gmail.com ou guidoguiaturismo@gmail.com. O número de participantes é limitado e as inscricións marchan a bo ritmo polo que é convinte contactar na maior brevidade posible. Tamén é posible informarse no teléfono 699 68 02 17
