Prazas cubertas e lista de agarda de 33 para #RedescubrindoMuras con Guido Guía e O Freixo dos Lobos

Hai un mes anunciamos a xornada viaxeira #RedescubrindoMuras, gratuíta e subvencionada polo Concello de Muras (ó que lle estamos infinitamente agradecidos polo apoio). A unha semana vista, prazas cubertas e 33 persoas en lista de agarda. Grazas pola vosa confianza e ata o domingo!!!

#RedescubrindoMondoñedo: o 27-S con Guido Guía, Claudia del Pino e o arqueólogo Abel Vigo

O programa de xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo continúa e hoxe xa podemos anunciar a súa cuarta xornada… #RedescubrindoMondoñedo! O 27 de setembro de 10h30 a 18h30, con Guido Guía, Claudia del Pino e Abel Vigo (arqueólogo do Concello de Mondoñedo) pasearemos e conversaremos sobre a historia e a natureza destas terras 💙 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com.Seguir lendo “#RedescubrindoMondoñedo: o 27-S con Guido Guía, Claudia del Pino e o arqueólogo Abel Vigo”

Quinto dos #PaseosÓSolpor de Guido Guía, con chiscadela á última obra de Diego AS en Paradai

Hoxe tocou o quinto e penúltimo dos #PaseosÓSolpor ☀️ deseñados e guiados para Cultura e Turismo de Lugo este verán. Arte urbana e ríos lucenses como grandes protagonistas, e cumprindo sempre a restrición destes días a 9 participantes + guía. Un lindo proxecto que finaliza o vindeiro venres 18… agárdovos ❤️

#OLugoMenosCoñecido dobrou horarios cun gran paseo guiado por Piúgos, A Ponte e San Lázaro

Hoxe vivimos outro paseo moi especial. Cando o pasado día 30 anunciaron as novas restricións para Lugo (grupos de 9 + guía), vímonos obrigados a dividir grupos e dobrar horarios dos paseos previstos. Ós amigos de hoxe tocáballes onte, e compensamos hoxe cun gran paseo ✨ por terras de Piúgos, A Ponte e San Lázaro ❤️ Grazas pola vosaSeguir lendo “#OLugoMenosCoñecido dobrou horarios cun gran paseo guiado por Piúgos, A Ponte e San Lázaro”

IV #AndainaPolaSostibilidade con Guido Guía e Xuventude no día mundial da Mobilidade Sostible

Hoxe foi turno da IV #AndainaPolaSostibilidade para Xuventude de Lugo, na que cumprimos coas restricións destes días para o municipio de Lugo (9 participantes + guía) e gozamos inmensamente da nosa fermosa contorna cos barrios do Rato como principais protagonistas. Feliz día da Mobilidade Sostible! 👣🚲🍃❤️

Retomando e avanzando

Artigo publicado no diario La Voz de Galicia o 4 de setembro do 2020 Hoxe os lucenses celebramos unha noticia histórica: semella que o proceso de peonalización do centro histórico e rondas -exterior e interior- da Muralla comezado a finais dos anos 90 vivirá nos vindeiros meses un dos seus fitos máis agardados: a peonalización, e poloSeguir lendo “Retomando e avanzando”

Volve triunfar o capítulo #UnBarrioSenReloxo dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido

Un dos paseos máis fermosos do proxecto Guido Guía. Cumprindo as restricións destes días (9 persoas + guía no municipio de Lugo) fixemos a II edición de #UnBarrioSenReloxo ⏰ entre pitas 🐔 e historia ❤️… coa emocionante compañía de 5 compatriotas do barrio do Carme ✨ Precioso e emocionante, grazas por todo!!

Xenial IV paseo guiado polo #LugoFotográfico con Guido Guía e Marcos Loopez (creador de VivaLugo)

Estaba claro que o paseo guiado #LugoFotográfico IV co fundador de VivaLugo iba ser un éxito seguro ❤️ Adaptámonos ás medidas destes días para o concello de Lugo (grupo de 10 incluíndo ó guía) e estes días dobraremos horarios ✨Grazas Marcos Loopez por ser tan grande, Hotel Méndez Núñez por deixarnos subir á vosa terraza, e Shiku Hostel por permitirnos visitar os vosos graffitis! 🎨🤩

Guido Álvarez: “Coidemos Lugo nace coa vontade de atender o noso patrimonio en comunidade”

Entrevista publicada no Nós Diario o 2 de setembro do 2020 Coidemos Lugo é un movemento social que nace ao abeiro da cidade amurallada coa vontade de xerar un sentimento de amor polo patrimonio, a natureza e os espazos públicos a través de accións de concienciación en positivo. Realizaron a súa primeira saída a pasadaSeguir lendo “Guido Álvarez: “Coidemos Lugo nace coa vontade de atender o noso patrimonio en comunidade””

Guido Guía festexa o 13 de setembro o I aniversario dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido

Depois do gran éxito da primeira edición do capítulo XXI #OAnelVerde 💍💚 repetimos episodio o 13 de setembro coincidindo ademáis co primeiro aniversario (que realmente é o 14 de setembro, pero adiantámolo unhas horas) do proxecto de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido ❤️ Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6Seguir lendo “Guido Guía festexa o 13 de setembro o I aniversario dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido”

IV #PaseoÓSolpor de Guido Guía e Cultura e Turismo de Lugo: homenaxe ó barrio da Pousadela

Onte foi turno do cuarto dos #PaseosÓSolpor ☀️ que guío este verán para Cultura e Turismo de Lugo 🙂 Moitas grazas a todos por vir a compartir a fermosa caída do sol en Lugo, e a Begoña Castro Campo por estas preciosas fotografías! Vémonos o 11 e o 18 de setembro! 🧡

Xuventude de Lugo e Guido Guía celebran a Semana Mundial da Auga cun paseo polo río Mera

Unha parcialmente chuviosa mañá non nos impediu desfrutar ó máximo da terceira #AndainaPolaSostibilidade para Xuventude de Lugo 🙂 Celebramos a #SemanaMundialDaAuga 💧 cun paseo pola fermosa ruta dos Muíños do Mera 💚 Marabillas lucenses a un paso do centro histórico! Grazas pola vosa compañía ✨

Éxito total na 1ª acción de #CoidemosLugo: coidando o marabilloso barrio do Carme!

Unha palabra: emoción ❤️ Dúas semanas despois dos destrozos ó patrimonio do Carme, e décadas despois do emporcamento dun barrio, hoxe humanizamos o movemento #CoidemosLugo 💚 creado co capi Salva Arco Frias e co apoio legal e técnico do Concello de Lugo. Mirade como cambiou! Impresionante 🌟🌟🌟🌟🌟

Fermosa ruta guiada do Freixo dos Lobos e Guido Guía: Lourenzá, a terra do Conde Santo

Esta mañá gozamos coa ruta “Lourenzá, a terra do Conde Santo” ❤️ A última das 5 rutas que en colaboración co gran amigo Pedro Rolle (O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza) fixemos este verán para o programa #AMariñaEnRuta 💙💚 Grazas A Mariña lucense turismo por confiar en nós, e a todos vós por ternos acompañado! Ata pronto! 😍

Cuarta ruta do Freixo dos Lobos e Guido Guía para #AMariñaEnRuta: Rinlo, o paraíso en Ribadeo

Hoxe foi o turno da penúltima ruta para #AMariñaEnRuta 💙💚 co meu gran amigo Pedro Rolle O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza 🍃 Non defraudou “Rinlo, o paraíso en Ribadeo” nunha luminosa ☀ e marabillosa mañá por terras mariñeiras 🌊 e cinematográficas! 🎥😍 Grazas a todos por acompañarnos!

Convocada para este venres 28 a primeira acción do movemento social #CoidemosLugo

Dúas semanas despois de lanzar a iniciativa #CoidemosLugo 💚 hoxe Salva Arco Frias (capitán do C.B. Breogán) e eu convocamos dende o barrio do Carme a primeira acción deste novo movemento social. Venres ás 16h! Escribídenos se queredes unirvos, máximo 25 persoas! Grazas Concello de Lugo polo apoio técnico e legal! Todos a unha ❤️

Lugo: cando a arte urbana está na casa

Artigo escrito para o Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 26 de agosto do 2020 Canto máis profundiza un no mundo do Street Art, máis se decata do privilexio que temos na nosa cidade: temos ós artistas na casa. Yoe 33, Marcos Pereira, Pablo Lage, Diego AS, Guille Paz, Noemí Núñez, Rubén Paz, Primo deSeguir lendo “Lugo: cando a arte urbana está na casa”

A arte urbana lucense, imparable: gran éxito no VI paseo guiado por ela con Guido Guía e Rubén Paz

Hoxe foi o turno do VI paseo guiado pola #ArteUrbanaLucense 🎨❤️✨ e gozámolo a pleno 💪 Marabilla de conversa con Ruben Paz (proxecto Trece trazos) mentres pintaba na rúa dos Paxariños, e un gran paseo por novas zonas da cidade. Grazas Lamela “Sensei” e Ana M Dopazo Pérez polas fotazas! 📸😍 Bravo polos nosos artistas!